No CPI Conde de Fenosa, desde o ano 2010, participamos nos
programas Globe e MeteoEscolas coa medida de distintas variables meteorolóxicas
e a posterior análise e introdución dos datos rexistrados nas respectivas
páxinas web dos programas.
Ademais consideramos importante a exposición pública destes
datos obtidos polos nenos. Así, elaboramos diariamente un informe onde se
recollen a temperatura no momento de medir, a máxima e a mínima do día
anterior, a cantidade de chuvia recollida e a cobertura do ceo e o tipo de
nubes.
Este informe exponse, en primeiro lugar, no propio centro,
onde os datos se mostran na porta do edificio de primaria, do de secundaria e
tamén na porta onde os pais recollen os nenos de infantil. Tamén en distintos
lugares da vila, como a biblioteca ou a casa do concello. Isto, por unha banda,
permite dar difusión entre os habitantes da vila a un traballo que se está
desenvolvendo no centro e que doutro xeito quedaría oculto nel e, por outra,
permítelle ao alumnado sentirse máis protagonista da súa labor.
Por último, tamén publicamos os datos obtidos, para unha
consulta máis directa, na nosa páxina web e na páxina web do Concello de Ares,
onde pode accederse aos datos meteorolóxicos renovados cada 10 minutos.
Este curso, como novidade, o alumnado de secundaria dará a
previsión do tempo para a fin de semana nun pequeno video que poderedes
consultar na pestana que se encontra arriba do blogue co título de: Predición
meteorolóxica .
Aquí vos deixamos a predición para a fin de semana do 22-23 de febrero.
No hay comentarios:
Publicar un comentario