Tras o éxito acadado coa I Operación Quilo no pasado Nadal, na que grazas á implicación de toda a comunidade educativa (alumnado, pais e nais, profesorado…) conseguimos perto de 500 quilos de alimentos, este ano estamos a planificar a II Operación Quilo de Nadal 2011, unha campaña de recollida de alimentos para colaborar coa Cociña Económica de Ferrol. Esta é unha das institucións benéfico-sociais más importantes da cidade, e o seu comedor alberga diariamente a centos de persoas, que acoden a recibir unha ración de xantar coa que poder subsistir.
Por isto alumnado, profesorado e familias poderán contribuír de maneira voluntaria aportando calquera alimento non perecedeiro, do 1 ao 15 de Decembro. Esperamos a vosa colaboración e que participedes xunto cos vosos/as fillos/as para contribuír a facelos máis solidarios e xenerosos fronte os menos favorecidos.
Os doy la enhorabuena por esta iniciativa. Con un poquito que pongamos cada uno podemos ayudar a mucha gente. Además nuestros hijos deben educarse en la solidaridad.
ResponderEliminar