Por segundo ano consecutivo o noso colexio realizou a campaña de recollida de alimentos para a Cociña Económica. Recadáronse perto de 600 quilos de alimentos que foron levados, coa colaboración do Concello, ata Ferrol. Grazas a todos e todas: familias, alumnado, profesorado e comunidade educativa en xeral pola vosa aportación, pola vosa solidariedade e polo voso apoio nesta campaña.
Parabéns a toda a comunidade educativa do CPI Conde de Fenosa por esta iniciativa tan solidaria de recollida de alimentos. A pesar da crise actual que nos azota a todos, vese que a xente de todo o concello de Ares sabe estar nas circunstancias adversas e , de seguro, esta acción fará feliz a moita xente que nestes tempos, pasa dificultades.
ResponderEliminarNoraboa a todos e Feliz Nadal.