martes, 13 de diciembre de 2011

MARATÓN SOLIDARIO: VIII CARREIRA QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE



Dende fai 8 anos celébrase en miles de centros educativos de toda España a Carreira Quilómetros de Solidariedade. É unha actividade con dobre finalidade: por unha banda, espertar nos rapaces e rapazas un espírito crítico e solidario cara as inxustizas que afectan a millóns de nenos e nenas de todo o mundo e, por outra banda, recadar fondos para axudar a infancia mais desfavorecida e facer que se respecten os seus dereitos.
O noso centro o CPI  “Conde de Fenosa”, está a participar este ano nesta actividade en colaboración coa ONG “Save the Children”, polo que,  o martes 20 de decembro, os rapaces de secundaria do noso colexio realizarán un Maratón Solidario facendo un percorrido  por Ares.
Cada rapaz e rapaza abonará 1 € por inscribirse na carreira e recibirá un dorsal, un carné de corredor e un diploma acreditativo de participación. Pola súa banda, a recadación das inscricións irá a parar a través de Save the Children a reconstrución de infraestruturas escolares na República Democrática do Congo.
Estaremos acompañados nesta carreira pola atleta aresá Paula Mayobre que apoiará esta causa coa súa presenza , acompañando aos rapaces e rapazas do noso centro.
Agradecemos ao alumnado do noso centro a súa participación e  solidariedade e invitamos a todos os pais e nais a que o día 20 saian a rúa a apoiar aos nosos corredores solidarios.


5 comentarios:

  1. Magnífica iniciativa: solidaria, educativa,saludable y genial. Muy bien por las organizadoras y por el colegio. Saludos

    ResponderEliminar
  2. animoooooooooooooooo :) qe no nos cuesta nada ayudar a los demas :)

    ResponderEliminar
  3. animoooooooooo:)q no nos cuesta nada:)

    ResponderEliminar
  4. A min me parece ben a iniciativa da carreira solidaria para recoller diñeiro para os mais necesitados porque hai xente que non ten a mesma sorte que nos.

    ResponderEliminar
  5. Pareceme unha boísima idea. Temos que axudar aos que o necesitan, e sobre todo é bo para nosoutros para sentirnos solidarios. ÁNIMO! TODOS COA CARREIRA!

    ResponderEliminar