viernes, 23 de diciembre de 2011

CARREIRA "QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE"

A pesar do mal tempo que nos acompañou o martes, o milagre fíxose posible e os nos@s rapaces vencendo a choiva e o frío correron no maratón solidario que organizou o noso colexio.
Desde o CPI “Conde de Fenosa” agradecemos a todo o alumnado a participación na carreira “Quilómetros de Solidariedade” e por suposto, a nosa atleta Paula Mayobre por apoiar esta causa e correr cos rapaces e rapazas do noso colexio. Mención especial para os alumnos e alumnas que buscaron patrocinadores entre os profesores/as e tamén fora das aulas, grazas aos cales a recadación superou os 800 euros.
Noraboa a tod@s e grazas pola vosa implicación e solidariedade.
 Nota de prensa
Os nosos atletas solidarios 
Paula recibindo de máns da directora un agasallo


2 comentarios:

  1. Muy bien por los chicos y chicas del colegio.Animo y a seguir con estas actividades tan buenas.

    ResponderEliminar
  2. En hora boa ás organizadoras, a Paula pola súa solidariedade e, por suposto, a todo o alumnado de secundaria que participou. Grazas polos nosos diplomas, estarán nun lugar ben visible para lembrar o que realmente é importante e o voso agradecemento á nosa participación.
    BOAS FESTAS PARA TODOS E TODAS.

    ResponderEliminar