Hoxe
no Día escolar da Paz e a Non Violencia, recordamos no noso centro educativo
que a paz non é soamente a ausencia de guerra. A paz resulta da xustiza e a
participación activa de todos os cidadáns e cidadás.
Nesta
xornada que estamos a conmemorar, lembramos que a paz baséase no principio de
que todos –sen distinción de raza, ideoloxía, nacionalidade, lingua ou
relixión- somos iguais, cidadáns da mesma terra e en consecuencia estamos e
sentimos a chamada a ser máis humanos, a vivir a non-violencia e a traballar
pola paz e por un mundo máis xusto e sostible.
E
para expresar ese desexo de paz os alumnos e alumnas dos diferentes
cursos de ESO e primaria mostraron o noso compromiso pola paz coa lectura
de textos alusivos á mesma.
Taméntodos os nenos e nenas de infantil e primaria
dirixidos magnificamente pola súa profe de música, Olalla, realizaron distintas
coreografías de danzas do mundo.
Para
rematar o acto todo o alumando e profesorado do centro cantamos e bailamos a
canción “Bajo el Mismo Sol” de Álvaro Soler, signada polos nenos e nenas de 6º
de primaria coa inestimable axuda de Alba a nosa intérprete de lingua de
signos.
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) disponse a conmemorar un ano máis o Día de Rosalía de Castro. O 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras accións que contan con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo, como se pode comprobar no arquivo audiovisual e de imaxes da nosa web.
Por iso, para expandir o poder da súa palabra entre a xente nova, a AELG convida a celebrar o Día de Rosalía de Castro nos centros de ensino con estas accións colectivas de difusión da súa obra, ideadas a partir do manifesto da AELG no Día de Rosalía de Castro, creado nesta ocasión polo escritor Daniel Asorey.
O lema da proposta, Errantes polo mundo, pode desenvolverse a través de actividades que permitan ao alumnado observar e reflexionar sobre a vixencia do amplo abano de inxustizas sociais, incluída a situación da lingua galega, presentes na obra de Rosalía de Castro.
Para isto, despois de facer un repaso da figura literaria da Autora, e dalgunhas lecturas que dean conta da pluralidade significativa da súa obra, propoñemos para o venres 21 de febreiro a realización das seguintes actividades:
Suxerimos que o alumnado traballe fotos, debuxos, fotos pintadas, editadas, gravados... que tratasen o tema das migracións actuais, baixo o lema #ErrantesPoloMundo_rdc_20. As fotos, debuxos, gravados, etc., terán como pé versos de Rosalía que traten as migracións en todos os seus aspectos (a soidade de quen fica, a morriña de quen vai, a dor, o medo, o desamparo, a xenofobia, a explotación, os conflitos...).
Trataríase de textos que o alumnado e profesorado estimen interesantes (por exemplo, os poemas “Airiños airiños, aires”, “Adios rios, adios fontes”, “Castellanos de Castilla”, “Vivir para ver”, “Tecín soia a miña tea”, “Pra a Habana!”, “¿Que lle digo?”, “Tan sóio”, “Daquelas que cantan”, “Amores cativos” ou “A xustiza pola man”).
Tamén se podería ampliar a elección das fotografías, deseños e versos a aqueles teñan en conta a idea de errante na elección da identidade sexual, afectiva e de xénero, a partir, igualmente, dos versos de Rosalía que o alumnado considere acaídos.
Todas as fotos, deseños, gravados... cos seus versos como pé, poderían encher os corredores dos centros e divulgarse en redes sociais como Instagram, Facebook, Twitter..., tamén baixo o lema #ErrantesPoloMundo_rdc_20
Como remate poderíase realizar unha actividade de Postcrossing (enviar esas postais cun verso de Rosalía no pé sobre o tema #ErrantesPoloMundo_rdc_20 a outras persoas). As postais pódense enviar individualmente, entre clases ou entre centros, ben por correo postal ou empregando as redes sociais como Whatsapp, Telegram... Despois pódense compartir as recibidas, ben fisicamente, ben nas redes sociais.
En relación a esta proposta de actividades, recomendamos encarecidamente que se usen imaxes con dereitos de uso libre en internet (indicando, en todo caso, a fonte desde a que se obteñen).
A documentación gráfica xerada por estas actividades será compartida nas correspondentes redes ou medios de difusión do centro educativo, antes do 24 de febreiro, ou ese mesmo día, coa etiqueta #ErrantesPoloMundo_rdc_20. A
AELG comprométese a colaborar na difusión da mesma a través da súa web e redes sociais, para o que agradecemos que se envíe noticia das actividades ao correo oficina@aelg.org. A este mesmo correo podedes comunicarnos a vosa intención de participar nesta iniciativa ou noutras coas que o voso centro celebre o Día de Rosalía 2020, para a irmos facendo constar na nosa web: https://www.aelg.gal/actividades/dia-de-rosalia-de-castro/2020/2/23/dia-de-rosalia-de-castro-2020
Desde a AELG, convidamos á comunidade educativa a que se implique de forma activa nesta festa que celebra o nome e a obra da poeta maior de Galicia, chave mestra da nosa literatura e da nosa conciencia como pobo.
Ao longo destas
semanas o CPI As Mirandas celebrou a II EDICIÓN DAS XORNADAS SOBRE SVB con
actividades formativas para toda a Comunidade Educativa.
A semana pasada estes
obradoiros e prácticas foron dirixidos ao alumnado do centro, quena súa vez foi o encargado de ensinar as
prácticas de RCP ao resto de compañeiros e comunidade educativa.
Hoxe luns 20 de
xaneiro rematamos con dous obradoiros, un para as familias e outro para o
profesorado e persoal non docente.
O encargado da
coordinación e impartición dos mesmo foi Carlos Bacelo, profesor de Educación
Física do noso centro.
Este luns 13 dexaneirode 2020 en horario de 16:00h. a
17:40h.,na aula deUUMM,o alumnado de 4º curso de
ESO dos grupos A e B, asistiua unha
charla na que se incidiu na importancia da educación para a prevención da
violencia sexual e dexénero. A charla
foi impartida por Amelia Tiganus baixo o título de “Prostitución y pornografía:
violencia sexual comercial”.
Amelia Tiganus,
nacida en Romanía, actualmente reside en Euskadi. Despois de superar, hai doce
anos unha vivencia persoal relacionadacoa prostitución e arede de
trata,converteuse en activista
feminista e realiza charlas e talleres en defensa dosdereitos humanos das mulleres. Escribiunumerososartigos eun libro. O seu laborérecoñecido eno pasado mes
denovembro de 2019, recibiuun premio porpartedo Ministerio deIgualdade.
Esta actividade, que contribúe ao
desenvolvemento do plan de igualdade deste curso escolar, está organizadapolo departamento de orientación, en
colaboración co CIM de Ares.
O alumnado de 4º de ESOdel CPI “As Mirandas “ de Ares
participouo luns 25 de novembro,
nunhaCharla informativa sobre Agresións Sexuais e Violencia Sexual ,
actividade dirixida por Angélica Mercado,especialistaen estudos de xénero
e políticas de igualdade.Os
obxectivos desta actividade foron; sensibilizar aos mozos no coñecemento das
condutas diarias que perpetúan as situacións de desigualdade e que son a base
das violencias machistas. Analizar que tipo de condutas e actitudesse reproducen no seu día, en todos os ámbitos
nos que se moven. Responsabilizarse de que a igualdade é cousa de todos e
todas, e que non debe ocorrer soamente de modo externo, así como establecer
novas condutas orientadas a ser axentes de cambio, orientados a crear novas
realidades onde homes e mulleres teñan os mesmos dereitos e oportunidades.
Os contidos
tratados na charla estiveron dirixidos a aclarar conceptos como:
●estereotipos de xénero,
●cultura da violación,
●violencia sexual algúns conceptos,
●consentimiento sexual (sexualidade),
Ademais proporcionouse informacióndunha aplicación de móbil sobre violencia
sexual edun programa de intervención a
vítimas de abuso e violencia sexual. Taménaportaronse algúns datos referentes as accións sobre sensibilización da
temática e estatísticas sobre pornografía.
Esta actividadedesenvolveuse no CPI “As Mirandas”en colaboración co CIM de Ares .
Actividade Subvencionada pola Secretaría
Xeral de Igualdade no marco do Acordo de Colaboración coa Federación Galega de
Municipios e Provincias de Galicia para a conformación dunha Rede de Entidades
Locais contra a Violencia de Xénero.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) acaba de presentar o programa de vídeo-relato Lingua rodada coa finalidade de fomentar o uso da lingua galega entre o alumnado, poñer en valor a nosa cultura e impulsar o coñecemento do cin ema galego e a creación audiovisual. Está destinado a alumnado da ESO, 1.º de bacharelato, formación profesional básica, ciclos formativos de grao medio e ensinanzas especiais de grao medio. O prazo para inscribirse na proba de selección remata o 3 de febreiro e para enviar os vídeo-relatos, o 4 de marzo.
Curtametraxe realizada polo CPI As Mirandas de Ares dentro do programa Vidas Mariñeiras 2019. http://vidasmarineiras.gal/
Unha moza busca na tradición mariñeira de Ares, a súa vila
natal, inspiración e recursos para imprimir identidade a un proxecto
empresarial. Busca nas paisaxes, nas xentes e nas historias de mar, deixándose
levar pola conversa e o camiño. A nosa protagonista rematará nun lugar que lle
servirá para explicar o seu propio nome.
Na edición 2019 de Vidas Mariñeiras realizouse unha recompilación de fotos antigas dos municipios que integran o territorio do Golfo Ártabro Norte. Neste vídeo recollemos unha selección que inclúe imaxes dos municipios que participaron no proxecto deste ano: Ares, Mugardos, Pontedeume, Ferrol e Narón.
Este xoves, 19 de decembro, tivo lugar a IX Carreira Quilómetros de Solidariedade que, como todos sabedes,
realizamos en colaboración coa ONG Save
The Children. Resultou un día estupendo no que todo o alumnado do centro
gozou dunha lúdica e deportiva xornada. Ata o tempo deunos unha tregua para que o alumnado da ESO puidese saír pola
nosa vila.
Pero este ano, a nosa carreira
solidaria tivo un matiz especial e nos sentimos enormemente contentos xa
que recibimos de mans de Ana, a delegada de Save the Children (que vixou
expresamente dende Madrid), o recoñecemento de Centro Embaixador Save the
Children polo noso compromiso e labor a prol da solidariedade cos nenos e
nenas máis desfavorecidos. Nun acto no que estiveron presentes ademais da
representante de Save the children, o inspector de educación Rubén Ponte, a concelleira de educación Noelia Montero e a atleta Paula
Mayobre, recibimos a placa que nos nomea como centro Embaixador.
Queremos agradecer:
·A toda a comunidade educativa: alumnado, país e
nais, familias en xeral, e profesorado a vosa solidariedade e colaboración. Sodes
estupendos!
·Á nosa atleta e madriña de oficio Paula Mayobre por colaborar con nós durante
estes 9 anos... e esperamos que moitos máis.
·Ao Concello
de Ares, policía local e protección civil pola súa inestimable axuda no
desenvolvemento da carreira.
·A Supermercados GADIS pola doación de auga, caramelos, globos, pulseiras...e o
empréstito do arco de Meta.
·A Froitería
Bacelo y López que nos aporta a froita como reconstituínte.
·A trofeos MARVI
pola doación dos trofeos para os rapaces e rapazas.
·A Luís
de Floristería Real que sempre pon
ese toque de cor cos seus ramos de flores
En nome do CPI As Mirandas grazas a tod@s.
Este recoñecemento é posible grazas a vós
Nos seguintes vídeos podedes ver o resumo da
xornada.
CARREIRA ESO
CARREIRA INFANTIL
CARREIRA PRIMARIA
Acto de recoñecemento como Centro Embaixador de Save the Children
Este xoves 19 de decembro estreouse no Jofre o
documental "Camiño das Mirandas", ideado e rodado polo alumnado de 3º
de ESO do noso centro, dentro do programa Vidas Mariñeiras do GALP Golfo
Artabro.
Transcribo aquí as palabras do equipo de alumnos
que levou a termo o proyecto:
·A NOSA
CURTA:
A nosa curtametraxe titúlase “Camiño das Mirandas”. O argumento do noso
audiovisuallévanos a coñecer as
inquedanzas dunha moza que busca na
tradición mariñeira da súa vila natal, a inspiración e osrecursos para imprimir identidade a un
proxecto empresarial.
A través das paisaxes, das lendas e das historias
do mar de Ares, a nosa protagonista rematará nun lugar que lle servirá para
explicar o seu propio nome.
·POR QUE
ESCOLLEMOS ESTE TEMA
Escollemos
este tema porque pareceunos moi interesante dar a coñecera paisaxe da nosa costa, o traballo da pesca
ou as nosas lendas a través do relato dunha mozaemprendedora e actual. En Ares temos unha
paisaxe costeira fermosa e As Mirandas, conforman un enclave marabilloso que nos mergulla na vida
dos mariñeiros, na beleza da súa praia, na bravura do mar cando rompe nas Illas
Mirandas e que é capaz de facer encallar ata os barcos máis grandes.Ademais nasMirandasvive unha serea namorada
que inspira á nosa protagonista Miranda a través dos rapaces do cole das
Mirandas.
·QUE
APRENDEMOS COA EXPERIENCIA
Temos que dicir que
aexperiencia de facer este traballo levounos
a aprender moitas cousas. A traballar en equipo, a improvisar, a coñecer como se fai un audiovisual desde a
idea que temos ao comezo na nosa cabeza, ata o produto final que é o que
veremos a continuación.Aprendemos que os
mellores protagonistas para crear unhapelícula ou un documental os temos ao noso redor, veciños que teñen tras
de si un montón de historias e de experiencias de vida relacionadas co mar e
quemerecen ser contadas e tamén
aprendemos que por difícil que nos pareza un proxecto, se queremos, sempre sae
adiante.
·AGRADECEMENTOS
Xa por último queremos agradecer:
-A Golfo Ártabro a oportunidade que
nos brindou para aprender e achegarnos ao mundo do audiovisual a través do
Programa Vidas Mariñeiras.
-A Cristina de la Torre, coordinadora do proxecto que nos guiou nesta aventura e a quen lle
agradecemos que nos iniciara nos nosos primeiros pasos no mundo audiovisual.
Grazas pola túa axudae por ensinarnos
tanto.
-A todos os participantes, nomeados nos créditos, que amablemente
prestáronse para contar as súas historias e que, sen a súa colaboración,esta curta non sería posible.
-Á nosa profe Yoli por prestarnos a súas horas e o seu tempo
-Ao resto de profesores por facilitarnos a labor.
- E finalmente ao noso colexio, o CPI As Mirandaspor darnos a oportunidade de facer actividades
que van máis aló das aulas.
Un ano máis, e xa van nove, o noso centro organiza a Carreira Quilómetros de Solidariedade
para colaborar coa ONG “Save the Children”, que este ano vai dedicada ás nenas/os do pobo
Rohingya, pequenos/as que teñen nome e unha horrible historia ás súas costas.
Este é un proxecto educativo, deportivo e solidario multidisciplinar no que se traballan valores con materiais e apoio didáctico facilitado pola ONG “Save the Children” quen traballa para salvagardar os dereitos da infancia no mundo e que cada ano se centra nun país en concreto.
Por outra banda comprácenos comunicar que a ONG Save the Children recoñece cada curso o labor e o compromiso destacado dos centros e comunidades educativas que participan de forma activa e continuada en campañas e iniciativas solidarias e por iso, o día da carreira, representantes da ONG achegaranse ata o noso centro para facernos entrega dunha placa que nos acredita e nomea como Centro Embaixador de Save The Children.
Dicir que esta distinción non sería posible sen a colaboración e solidariedade de toda a comunidade educativa: alumnado, familias, profesorado e colaboradores. Así que grazas a todos/as.
Como en anos anteriores, nesta actividade, o alumnado aboará 1 € por inscribirse na carreira e recibirá un dorsal, un carné de corredor e un diploma acreditativo de participación. Pola súa banda, o que “voluntariamente” queira buscar patrocinadores entre os seus familiares ou achegados, poderá facelo recollendo as súas aportacións a través do carné de corredor.
Un ano mais, a atleta aresán Paula Mayobre estará connosco e apoiará esta causa coa súa presenza, participando na xornada con todos os rapaces e rapazas do noso centro.
O alumnado de infantil e primaria realizarán a carreira ás 11:15 horas no pabellón do colexio e o alumnado da ESO comezará a carreira saíndo do colexio as 12:00 horas e percorrerá o paseo marítimo.
Agradecemos a toda a comunidade educativa a súa participación e solidariedade e invitamos a todos os pais e nais a que veñan a apoiar aos nosos corredores solidarios.