Este xoves 19 de decembro estreouse no Jofre o
documental "Camiño das Mirandas", ideado e rodado polo alumnado de 3º
de ESO do noso centro, dentro do programa Vidas Mariñeiras do GALP Golfo
Artabro.
Transcribo aquí as palabras do equipo de alumnos
que levou a termo o proyecto:
·
A NOSA
CURTA:
A nosa curtametraxe titúlase “Camiño das Mirandas”. O argumento do noso
audiovisual lévanos a coñecer as
inquedanzas dunha moza que busca na
tradición mariñeira da súa vila natal, a inspiración e os recursos para imprimir identidade a un
proxecto empresarial.
A través das paisaxes, das lendas e das historias
do mar de Ares, a nosa protagonista rematará nun lugar que lle servirá para
explicar o seu propio nome.
·
POR QUE
ESCOLLEMOS ESTE TEMA
Escollemos
este tema porque pareceunos moi interesante dar a coñecer a paisaxe da nosa costa, o traballo da pesca
ou as nosas lendas a través do relato dunha moza emprendedora e actual. En Ares temos unha
paisaxe costeira fermosa e As Mirandas, conforman un enclave marabilloso que nos mergulla na vida
dos mariñeiros, na beleza da súa praia, na bravura do mar cando rompe nas Illas
Mirandas e que é capaz de facer encallar ata os barcos máis grandes. Ademais nas
Mirandas vive unha serea namorada
que inspira á nosa protagonista Miranda a través dos rapaces do cole das
Mirandas.
·
QUE
APRENDEMOS COA EXPERIENCIA
Temos que dicir que
a experiencia de facer este traballo levounos
a aprender moitas cousas. A traballar en equipo, a improvisar, a coñecer como se fai un audiovisual desde a
idea que temos ao comezo na nosa cabeza, ata o produto final que é o que
veremos a continuación. Aprendemos que os
mellores protagonistas para crear unha
película ou un documental os temos ao noso redor, veciños que teñen tras
de si un montón de historias e de experiencias de vida relacionadas co mar e
que merecen ser contadas e tamén
aprendemos que por difícil que nos pareza un proxecto, se queremos, sempre sae
adiante.
·
AGRADECEMENTOS
Xa por último queremos agradecer:
-A Golfo Ártabro a oportunidade que
nos brindou para aprender e achegarnos ao mundo do audiovisual a través do
Programa Vidas Mariñeiras.
-A Cristina de la Torre, coordinadora do proxecto que nos guiou nesta aventura e a quen lle
agradecemos que nos iniciara nos nosos primeiros pasos no mundo audiovisual.
Grazas pola túa axuda e por ensinarnos
tanto.
-A todos os participantes, nomeados nos créditos, que amablemente
prestáronse para contar as súas historias e que, sen a súa colaboración, esta curta non sería posible.
-Á nosa profe Yoli por prestarnos a súas horas e o seu tempo
-Ao resto de profesores por facilitarnos a labor.
- E finalmente ao noso colexio, o CPI As Mirandas por darnos a oportunidade de facer actividades
que van máis aló das aulas.
A nosa curta: "O camiño das Mirandas"
No hay comentarios:
Publicar un comentario