Este xoves, 19 de decembro, tivo lugar a IX Carreira Quilómetros de Solidariedade que, como todos sabedes,
realizamos en colaboración coa ONG Save
The Children. Resultou un día estupendo no que todo o alumnado do centro
gozou dunha lúdica e deportiva xornada. Ata o tempo deunos unha tregua para que o alumnado da ESO puidese saír pola
nosa vila.
Pero este ano, a nosa carreira
solidaria tivo un matiz especial e nos sentimos enormemente contentos xa
que recibimos de mans de Ana, a delegada de Save the Children (que vixou
expresamente dende Madrid), o recoñecemento de Centro Embaixador Save the
Children polo noso compromiso e labor a prol da solidariedade cos nenos e
nenas máis desfavorecidos. Nun acto no que estiveron presentes ademais da
representante de Save the children, o inspector de educación Rubén Ponte, a concelleira de educación Noelia Montero e a atleta Paula
Mayobre, recibimos a placa que nos nomea como centro Embaixador.
Queremos agradecer:
· A toda a comunidade educativa: alumnado, país e
nais, familias en xeral, e profesorado a vosa solidariedade e colaboración. Sodes
estupendos!
· Á nosa atleta e madriña de oficio Paula Mayobre por colaborar con nós durante
estes 9 anos... e esperamos que moitos máis.
· Ao Concello
de Ares, policía local e protección civil pola súa inestimable axuda no
desenvolvemento da carreira.
· A Supermercados GADIS pola doación de auga, caramelos, globos, pulseiras...e o
empréstito do arco de Meta.
· A Froitería
Bacelo y López que nos aporta a froita como reconstituínte.
· A trofeos MARVI
pola doación dos trofeos para os rapaces e rapazas.
· A Luís
de Floristería Real que sempre pon
ese toque de cor cos seus ramos de flores
En nome do CPI As Mirandas grazas a tod@s.
Este recoñecemento é posible grazas a vós
Nos seguintes vídeos podedes ver o resumo da
xornada.
CARREIRA ESO
CARREIRA INFANTIL
CARREIRA PRIMARIA
Acto de recoñecemento como Centro Embaixador de Save the Children
Os selfies do noso profe Carlos
No hay comentarios:
Publicar un comentario