miércoles, 24 de mayo de 2017

RECADACIÓN NO STAND DE UNHA CURA PARA ADRI

O noso centro recada 601,97 € no stand que montou na I Feira Dende Ares Cara o Mundo para colaborar  con #UnhacuraparaAdri .
Gracias á profe Vanesa por montar e organizar as actividades realizadas no stand e a todas as rapazas que estiveron durante toda a xornada atendendo a toda esa xente riquiña que quixo visitar o stand e colaborar coa causa.


Gracias a tod@s pola vosa  solidariedade, sodes grandes!!!


martes, 23 de mayo de 2017

ÉXITO DA I FEIRA DENDE ARES CARA AO MUNDO

Non podemos estar máis que satisfeitos da xornada de hoxe na que se reflectiu o traballo colaborativo realizado no noso cole durante este curso e que deu como resultado a I Feira “Dende Ares cara ao mundo”.
Parabéns a toda a comunidade educativa: a todos os profes de infantil, primaria e secundaria, a todo o alumnado do centro desde os máis pequerrechos ata os máis maiores, que traballaron e colaboraron dunha maneira impecable, realizando unha gran labor en cada un dos stands representados; ás profes de música e as titoras polas actuacións musicais; aos que organizaron o stand de Unha cura para Adri que ,dito sea de paso, foi un acerto co apadriñamento de pingüins e o photocall dos países; ao noso paisano Javier Cristobo que sempre está aí cando precisamos del e que pasou a xornada con nós dando dúas estupendas charlas sobre a Antártida e inaugurando a Feira xunto cos representantes do CEFORE e autoridades do concello e asociacións de Ares; ao Concello e a ANPA pola súa inestinable axuda; á dirección do centro por promover e apoiar todas as inciativas que se están a levar a termo no noso centro e a todas as familias que hoxe nos acompañaron nesta xornada.
Nas seguintes fotos tedes unha pequena mostra do evento. En breve poderedes ver na páxina web do centro o vídeo resumo da I Feira dende Ares cara ao mundo.

Grazas a todos por facer que a xornada resultase todo un éxito.



ENTREGA DOS PREMIOS DO IV CONCURSO DE RELATO CURTO CONCELLO DE ARES

Relatos gañadores no IV concurso de relato curto Concello de Ares.
CATEGORIA DE 3º E 4º ESO:
1º Verónica Rodríguez Martínez...........Ben sabe Rosa que con felicidade non se escribe.
CATEGORIA DE 1º E 2º ESO:
Blanca Gago Suárez............Unha panda na procura
2º Bruno Suárez Cuervo...........Unha viaxe en globo
Mención especial...........Iker Beceiro Torres...........En contra do mundo
Parabens a tod@s os premiados.

PREMENDO NO SEGUINTE ENLACE PODEDES LER OS RELATOS GAÑADORES.
http://www.concellodeares.com/archivos/convocatorias/premiados_relato_curto-2017.pdf

CANTANDO CON GUADI GALEGO NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O alumnado co CPI As Mirandas participou, o pasado día 11 de maio, na gravación nos asteleiros de Navantia da canción "Chea de vida" da intérprete cedeiresa, Guadi Galego, contando coa súa presenza e baixo a dirección de Ramón Bermejo. A canción foi tamén interpretada de forma simultánea en língua de signos por un grupo deescolares do noso centro. Dende a Dirección queremos dar os PARABÉNS A TODOS OS ORGANIZADORES(CFR Ferrol) E ESPECIALMENTE, AOS PARTICIPANTES QUE, GRAZAS AO SEU ESFORZO E EXCELENTE TRABALLO ENCHERONNOS DE VIDA !!!


 

PRESENTACIÓN DA I FEIRA DENDE ARES CARA AO MUNDO

Durante o curso 2016-2017 o profesorado do CPI As Mirandas formou parte dun Plan de Formación (PFPP) iniciado o pasado curso baseado no Traballo por proxectos a través da Biblioteca, no que decidiuse elaborar un proxecto ao que denominamos: “Dende Ares cara ao mundo” . A idea consiste no estudo de diferentes países, elixidos polo alumnado de cada curso ou nivel educativo relacionado co alumnado estranxeiro que hai no centro.
 O emprego de novas formas de aprendizaxe integradas dentro do currículo escolar ten como resultado final a Primeira Feira do CPI As Mirandas “Dende Ares cara ao mundo”.
     Esta metodoloxía implica a participación activa do alumnado que tivo que investigar, planificar, cooperar, en definitiva, un novo xeito de aprender onde o alumnado é o protagonista da súa propia aprendizaxe, contando co profesorado como guía no seu proceso e coa colaboración tamén do persoal non docente do centro.

Unha primeira exposición deste proxecto tivo lugar en febreiro co Desfile do Entroido :


O produto final será esta Feira que contará cos seguintes STANDS e PAÍSES NO PAVILLÓN MUNICIPAL

  1.  ARES– CONCELLERÍA DE CULTURA E ANPA
  2.  ANTÁRTIDA–ESO
  3.  AUSTRALIA– 1ºEP                                                                                
  4.  BRASIL– 4ºEP
  5. CHINA-3ºEP
  6. ISRAEL-RELIXIÓN
  7.  XAPÓN-2º EPB
  8.  MARROCOS– 5º E 6º EP
  9.  PORTUGAL– 4ºEI
  10.  REINO UNIDO 6º EI E 6º EP
  11.  UCRAÍNA– 5º EI
  12.  MÚSICAS DO MUNDO-ESO
  13.  LÓVA/MAIL ART– 2ºEP- A
  14.  BIBLIOTECA/ROBÓTICA

Esta Feira contará coa presencia do aresán Javier Cristobo, Director do Centro Oceanogáfico de Gijón, experimentado investigador da Antártida. Javier inaugurará a Feira e impartirá 2 charlas sobre o Continente Antártico e as súas experiencias nel.
Tamén se expoñerán os traballos do PROXECTO LÓVA, proxecto innovador neste centro cuxo obxectivo final  é a Creación duha Ópera como Veículo de Aprendizaxe, e o proxecto de MailArt.
Dentro dos eventos que se levarán a termo durante todo o día colaboraremos cunha Actividade solidaria #unhacuraparaAdri
Na caseta da Antártida haberá unha mesa na que por 1 € poderás apadriñar un pingüín dunha das pingüineiras da Antártida.
Tamén no noso Photocall, terás a posibilidade de quitar unha foto na que poderás elixir o lugar onde queres aparecer, dentro dos países representados nas casetas. O importe da foto que será de 1€ tamén será doado á causa #unhacuraparaAdri.

O horario será:
 Mañá………..10:30- 14:30h. (alumnado EI e EP do centro)
 Tarde………..16:00- 18:30h. (alumnado ESO do centro e público en xeral.)

ACTIVIDADES PARALELAS AOS STANDS E OBRADOIROS:
Inauguración oficial da Feira coas autoridades…………...........11:45h
Actuacións musicais do alumnado da ESO ........................ 11:00/ 13:00/ 17:00h
Actuación do alumnado de 6º de Primaria............................11:30/ 13:30/17:30h
Actuacións dos alumnos de Ed. Infantil e 1º de Primaria..... 12:15h/14:00/18:00h

CONVIDAMOS E ANIMAMOS A TODOS A PARTICIPAR NESTE GRAN EVENTO!
AGRADECEMOS A COLABORACIÓN DA COMUNIDADE EDUCATIVA EN XERAL,  Á ANPA, AO CONCELLEIRO DE TURSIMO DE ARES, AO CFR DE FERROL E ESPECIALMENTE A JAVIER CRISTOBO.

lunes, 8 de mayo de 2017

LETRAS GALEGAS 2017: CARLOS CASARES

Achéganse as datas de conmemoración das nosas letras. Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Carlos Casares.
Nos seguintes enlaces  podedes atopar diferentes páxinas que dan a coñecer ao autor e nos ofrecen recursos para traballar nas aulas.



 E se queres coñecer a súa  obra infantil e xuvenil preme nas seguintes imaxes.

                        

domingo, 7 de mayo de 2017

FÁLAME DA EMIGRACIÓN: DIÁLOGO INTERXENERACIONAL COS NOSOS MAIORES

Por segundo ano consecutivo o noso centro  está a participar  no programa «Fálame da emigración», de Afundación (Fundación Galicia Obra Social), un encontro interxeracional entre maiores e estudantes no que os voluntarios e alumnas e alumnos dialogan sobre vivencias na emigración. Este  proxecto ten tres obxectivos fundamentais: que as persoas maiores transmitan os seus coñecementos e experiencia, que o noso alumnado se beneficie do legado das persoas maiores e que a comunidade educativa incorpore novas modalidades de aprendizaxe, favorecendo en todos os casos o diálogo, a cooperación e o entendemento entre as distintas xeracións.

Este ano tivemos con nós a Carmen, xa coñecida nosa por estar o curso pasado no noso centro, a Ezequiel e a Carmiña, que compartiron con todos nós as súas experiencias en Reino Unido, Canadá e Arxentina.
No primeiro encontro que tivemos con eles contáronnos as súas experiencias na emigración e dialogaron cos alumnos/as. Xa no segundo encontro, os mozos e mozas de 2º ESO tras investigar sobre a historia das súas propias familias, relataron tamén as súas relacións coa emigración e xuntos reflexionaron sobre as diferentes motivacións para emigrar, as dificultades e os aspectos positivos ou as diferenzas coa inmigración en Galicia.
Desde aquí queremos dar as grazas a todos eles pola súa testemuña de vida e a Afundación por esta interesante proposta que achega aos Centros de Ensino o valor da experiencia dos nosos maiores en diálogo cos rapaces e rapazas de hoxe en día.

Neste vídeo podedes ver un extracto desta fantástica charla.


          

sábado, 29 de abril de 2017

CONCURSO ESCOLAR ONCE: "TODOS SOMOS DIFERENTES, NON INDIFERENTES"



Baixo o lema “Somos diferentes, non indiferentes” os alumnos e alumnas do CPI As Mirandas de Ares e do CPI Plurilingüe Virxe da Celade Monfero, uniron esforzos para elaborar e realizar  unha serie de vídeos para o Concurso Escolar Once.  Este ano desde a ONCE pretendeuse que o alumnado desenvolvese un modelo de convivencia baseado nos valores cívicos como o respecto, tolerancia e igualdade, aprendendo a tratarse asertivamente e previndo modelos xerarquizados de acoso escolar ou bullying.
Na convivencia non ten cabida o sufrimento, o rexeitamento ou a pasividade, convivir é abrir a porta ao encontro cos que nos rodean, estar dispostos a escoitar, empatizar e impregnarnos das súas vivencias. Este concurso quere contribuír a sensibilizar á comunidade educativa, especialmente ao alumnado, da importancia de convivir democraticamente con todos aqueles que nos rodean. Todos somos dignos de ser recoñecidos (non ignorados) e tratados con respecto dadas as nosas diferenzas (étnicas, sexuais, por razón de discapacidade, relixiosa...). 

  Ante o acoso,  “Todos somos diferentes, non indiferentes”







domingo, 23 de abril de 2017

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO


MES DE ABRIL: CADA DÍA UN LIBRO.

Neste mes do libro decidimos recomendar, na pizarra que hai na entrada do centro, un libro da biblioteca cada día. Estes son os do xoves día 6 e venres día 7. Sabes que libros son? E sabes onde atopalos?


jueves, 6 de abril de 2017

OBRADOIRO DE LINGUA DE SIGNOS (LSE) NO CPI AS MIRANDAS

Onte  rematou no noso cole o obraoiro de LSE organizado por la AXF (Asociación de persoas xordas de Ferrol) e dirixido ao alumnado de primaria. Durante os meses de marzo e  abril, a Especialista en LSE, Teresa Gallo e a Educadora Social, Ofir Barcia, da AXF, estiveron impartindo un obradorio de LSE de dez horas de duración .
 Este obradorio  estivo enmarcado  dentro das actividades extraescolares que organiza a ANPA Ramón Pimentel do noso colexio.

 O resultado foi moi  positivo, o alumnado aprendeu signos básicos da lingua de signos,  que é un intérprete de lingua de signos e moitas cousas máis.