Baixo o lema “Somos diferentes, non indiferentes” os alumnos e alumnas do CPI As Mirandas de Ares e do CPI Plurilingüe Virxe da Celade Monfero, uniron esforzos para elaborar e realizar unha serie de vídeos para o Concurso Escolar Once. Este ano desde a ONCE pretendeuse que o alumnado desenvolvese un modelo de convivencia baseado nos valores cívicos como o respecto, tolerancia e igualdade, aprendendo a tratarse asertivamente e previndo modelos xerarquizados de acoso escolar ou bullying.
Na convivencia non
ten cabida o sufrimento, o rexeitamento ou a pasividade, convivir é abrir a
porta ao encontro cos que nos rodean, estar dispostos a escoitar, empatizar e
impregnarnos das súas vivencias. Este concurso quere contribuír a sensibilizar
á comunidade educativa, especialmente ao alumnado, da importancia de convivir
democraticamente con todos aqueles que nos rodean. Todos somos dignos de ser
recoñecidos (non ignorados) e tratados con respecto dadas as nosas diferenzas
(étnicas, sexuais, por razón de discapacidade, relixiosa...).
Ante o
acoso, “Todos somos diferentes, non
indiferentes”
No hay comentarios:
Publicar un comentario