O pasado luns, día 24, as alumnas e alumnos de Terceiro e Cuarto de ESO A embarcáronse nunha emocionante excursión a Lugo, unha cidade rica en historia e cultura. Desde o primeiro momento o alumnado estaba ansioso por descubrir todo o que esta xornada tiña preparada para eles.
A primeira parada foi o impresionante Castro de Viladonga. Alí, tivemos a oportunidade de realizar unha visita guiada que nos levou a través dos restos arqueolóxicos que nos contan a historia dos nosos antepasados. O museo do castro, que alberga todos os achados recuperados no xacemento, foi un verdadeiro tesouro de información. Para rematar a visita, participaron nunha actividade de cerámica, onde puideron dar rienda solta á súa creatividade.
Despois de tanta emoción, chegou o momento de
xantar e dar un paseo por Lugo. Esta parte da excursión foi, sen dúbida, unha
das máis queridas pola rapazada.
Xa pola tarde, as actividades continuaron,
pero cada grupo tomou un rumbo diferente. Os alumnos de Cuarto dirixíronse ao
Centro de Interpretación da Muralla, onde aprenderon sobre a historia e a
importancia desta monumental edificación. As informacións que descubriron foron
realmente interesantes e enriqueceron o seu coñecemento sobre a cidade.
Mentres tanto, os de Terceiro visitaron o
Museo do Vello Cárcere. Alí, realizaron unha visita guiada pola exposición
permanente que aborda a represión, un tema de gran relevancia na nosa historia.
Despois, tiveron a oportunidade de realizar un traballo de investigación nos
fondos do museo, onde visionaron materiais que lles permitiron profundizar no
tema. Para finalizar, fixeron unha posta en común sobre a información obtida,
compartindo as súas reflexións e aprendizaxes.
Foi
unha xornada estupenda na que aprendemos dunha xeito diferente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario