O Concello de Ares a través da súa concellería de cultura
organiza o I Concurso de fotografía xuvenil do noso concello, do que sairán as
6 fotografías que se incorporarán ao calendario municipal do 2018 que se
distribúe entre toda a veciñanza e comarca.
O obxectivo deste concurso é convidar á xuventude a utilizar
a nosa contorna como contexto onde recoñecer a súa herdanza a través das imaxes,
despertanto a capacidade de observar
todo o que lles rodea e recoñecerse en pequenas historias e/ou paisaxes que
dean conta do seu vencellamento como memoria colectiva desta vila. En
concreto, invítase a fotografiar espazos, lugares, obxectos, actos e situacións
da nosa contorna que consideren parte da súa identidade.
Quen pode participar?: Xente nova de 8 a 18 anos empadroada
en Ares.
Cómo participar?:
Poderanse enviar un máximo de dúas fotografías en formato dixital e sen
retocar ao enderezo electrónico: concursofotografia@concellodeares.com.
Xunto ás fotografías remitirase o formulario de solicitude de participación e
de identificación das fotografías cubertos, asinados e escaneados.
Prazo de entrega: Dende o luns 16 de outubro ata o luns 6 de novembro ás 19.30 (ambos inclusive)
Prazo de entrega: Dende o luns 16 de outubro ata o luns 6 de novembro ás 19.30 (ambos inclusive)
De tódolos xeitos aquí deixamos as bases completas do
concurso.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario