Xa podedes escoitar o novo programa da nosa radio escolar, Tesmoitalingua, un espazo que, dende o primeiro momento, ten como obxectivo fomentar o uso do noso idioma e as nosas tradicións.
E para celebrar o Samain, un grupo de alumnos e alumnas de 1º de ESO B, Valentina, Carla, Anxo, Mateo, Paula, Carolina, Leo, Amaia, Daniela, Aaron e Iker, prepararon un estupendo programa no que nos falan desta festa tan nosa e das súas tradicións.
Fronte ao Halloween comercial, estes mozos e mozas propoñen reivindicar o noso, as nosas raíces e o noso idioma. Unha viaxe sonora perfecta para achegar o misterio e a festa do magosto a toda a comunidade educativa!
Non vos perdades este programa!
