O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES de Chapela (Redondela) quere compartir con todos unha experiencia única que viviron a finais do curso pasado: a gravación do LIPDUB EU FALAREI. Neste traballo participou alumnado de todos os niveis (ESO, Bacharelato, FP), profesorado de todos os departamentos e persoal non docente. O proxecto transcendeu os obxectivos iniciais (concienciar ao alumnado da presenza decrecente do galego en moitos ámbitos e responsabilizalo da súa perdurabilidade) e serviu a toda a comunidade educativa para coñecerse mellor e vivir unha experiencia común que será, sen dúbida, marcaxeracional para o alumnado.
Recomendamos a todo o
mundo visionar o LIPDUB EU FALAREI, para comprobar como o traballo en
equipo pode dar uns resultados espectaculares. Ogallá exemplos como este
poideran ser realizados en outros moitos centros escolares, non só
porque son un vehículo para potenciar a nosa lingua, senón tamén porque
fomentan a creatividade e convértense en auténticas pezas de arte
audiovisual.
Encantoume o lipdub!
ResponderEliminarCoincido plenamente co teu comentario,Yoli.