Como si de uns
grandes contacontos se tratara, os alumnos de 3º da ESO (Laura, Judith, Sara,
Ainhoa, Antonio, Felipe e Lucía) representaron para o alumnado de infantil unha
adaptación do conto A QUE SABE A LÚA? de Kalandraca, no que un grupo de animais
intentan chegar a lúa e arrincar un
chisquiño dela para saber a qué sabe. Despois de trepar uns enriba dos outros o
ratiño consegue acadar un anaco e, sabedes a que lles soubo?. Pois sóubolles
a aquilo que máis lles gustaba a cada un deles. A verdade é que os
pequerrechos de infantil xa tiñan moi claro a que lles sabía a lúa, por
unanimidade a lúa, para eles, sabe a queixo!!!.
En hora boa! Sodes moi bos actores e actrices. Agardamos que colaboredes en máis actividades deste tipo, os pequenos desfrutan moitísimo e coido que vós tamén.
ResponderEliminar