O martes 6 de novembro de 2012 o alumnado de 3º e 4º da ESO terá a
oportunidade de experimentar unha nova sesión de "videoconferencia de
ciencia en galego". Xa o ano pasado, a estas alturas, iniciámonos nesta
experiencia ofertada pola CGENDL. Poderemos,
por tanto, volver a presenciar unha conferencia on-line, coa
posibilidade incluso de formular preguntas e descubrir a inmediatez das
novas tecnoloxías escoitando as respostas en "riguroso directo". Esperamos que os nosos
alumnos/as estean ben atentos para poder logo explicar misterios tan
incomprensibles como o da partícula de Higgs ou" bosón de Higgs".
No hay comentarios:
Publicar un comentario