A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca un concurso de presentacións electrónicas para felicitar o Nadal en lingua galega. Logo da ampla participación acadada na primeira edición da iniciativa, con máis dun cento de propostas recibidas, a secretaría xeral pon de novo en marcha este concurso, co que busca promover a presenza do galego na comunicación propia das festas de Nadal e tamén no ámbito das tecnoloxías.
Os traballos que participen no concurso deben facer referencia a un tema vinculado con estas datas, para felicitar o Aninovo, o Día de Reis ou as festas de Nadal en xeral. Ademais do tema, valorarase o enxeño e o coidado estético e lingüístico das propostas.
Aquí vos deixamos as bases.
Moi interesante!. Este ano participo! Hai que animar aos rapaces e rapazas....ou é só para profes??
ResponderEliminarPoden presentarse tamén os rapaces. Estaría ben animalos para que participen.
ResponderEliminar