viernes, 11 de noviembre de 2011

ACTIVIDADE PARA A CONMEMORACIÓN DO II DÍA DA CIENCIA

Con motivo da Semana da Ciencia en galego, o noso profe de ciencias Xacobo organizou unha actividade co obxectivo de consolidar o emprego da nosa lingua no eido científico e amosar tamén que a ciencia pode ser divertida.
Os rapaces e rapazas de 2º da ESO prepararon por parellas unha serie de experimentos científicos super divertidos e presentáronllelos aos compañeiros doutros niveis nun obradoiro científico-práctico.
Experimentos como flota ou afunde, os mistos veloces, as tres capas flotantes, o globo resistente ou o moco louco foron algúns dos experimentos que puxeron en práctica os nosos aplicados científicos.

A verdade é que foi unha actividade moi interesante. Aquí tendes algunhas imaxes dos obradoiros.


Tamén vos deixamos un video dos experimentos realizados polos alumnos e alumnas de 2º da ESO:







3 comentarios:

  1. En hora boa aos nosos pequenos científicos.

    ResponderEliminar
  2. En efecto!. O empeño en facer ben as cousas pola maioría dos participantes tivo como recompensa o orgullo e os apluasos dos asistentes. Estou contando as horas que faltan ata a vindeira edición.

    ResponderEliminar
  3. Ola a todas e todos! Parabéns polo voso traballo, o do profe e o de todos os alumnos.
    Grazas a Yoli, sempre atenta ás novidades que hai no centro e así manternos informados.

    ResponderEliminar