martes, 15 de noviembre de 2011

Actividades de outono, samaín e magosto no cole. Os protagonistas, o alumnado de infantil e primaria.

Chega o outono e con el as castañas, as caveiras de melón, os calacús, os cogumelos, os froitos de inverno; chegan as augas e mergullámonos no inverno, vaise a calor e vén o frío: son os tempos do Samaín. A que isto escribe pasou esta semana a facer unha visitiña por infantil e primaria e a verdade que quedei abraiada por todas as cousas que @s profes xunto cos seus alumn@s estiveron a facer.
Nas seguintes presentacións podedes ver as actividades que os nenos e nenas de infantil e primaria do noso cole, fixeron neste outono para celebrar o samaín e o magosto.



1 comentario:

  1. Moitas grazas por estes libros tan bonitiños que fixeches!!! Son un resumo estupendo do traballo que fixeron os artistaz@s que temos neste cole!!!
    Saudiños dende o blogue dos pequerrechos!!!

    ResponderEliminar