Con motivo da celebración do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, a Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa convocan un Concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais.
👉O obxecto do concurso é a
realización de traballos, consistentes en imaxes gráficas e pezas audiovisuais,
coa finalidade de promover a reflexión sobre a loita contra a violencia de
xénero dentro dos centros educativos de Galicia, a través dunha acción que
fomente a participación cidadá no rexeitamento público e frontal contra a
violencia de xénero e sensibilizar sobre a importancia de valores como o
respecto e a igualdade entre mulleres e homes.
👉Tema: Reflexión contra a violencia de xénero.
👉Destinatarios: Poderá participar no concurso calquera centro
educativo de ensino non universitario que imparta ensinanzas de primaria, ESO,
bacharelato, formación profesional e ensinanzas especiais de artes plásticas e
deseño da Comunidade Autónoma de Galicia.
👉Participación: Os traballos poderán realizarse individualmente
ou en grupo a través de equipos guiados por 1 docente e constituídos por un
máximo de 8 alumnos e alumnas; procurarase a representación equilibrada entre o
alumnado.
👉Categorías:
- 1ª Categoría: alumnado de 5º e 6º de
educación primaria, de 1º e 2º de educación secundaria obrigatoria (ESO) e
de educación especial.
- 2ª Categoría: alumnado de 3º e 4º de
educación secundaria obrigatoria (ESO), de 1º e 2º de bacharelato (BAC),
de FP básica, de ciclos de grao medio e de ciclos de grao superior.
- 3ª Categoría: alumnado das ensinanzas
especiais de artes plásticas e deseño.
👉Modalidades de
participación:
- Modalidade "Imaxe gráfica":
consiste na realización dun traballo gráfico (cartel, cómic, ilustración,
debuxo...).
- Modalidade "Peza audiovisual":
consiste na realización dun traballo audiovisual (curtas, viodeoclips,
performances, flashmob, danza, videopoemas, textos recitados...).
👉Prazo de presentación
dos traballos: ata o día 8 de
novembro de 2024, ás 15:00 horas.
👉Indicacións para para
os envíos:
- enderezo postal: Dirección Xeral de Loita
contra a Violencia de Xénero, edificio administrativo San Lázaro s/n -
15781 Santiago de Compostela
- enderezo electrónico:premios25n.igualdade@gmail.com
Pódense consultar as bases completas no documento anexo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario