A vila de Ares realizará unha cadea humana contra o cancro con motivo do Día Mundial do Cancro de Mama, baixo o lema «O rosa é máis cunha cor».
A data será o domingo 20 de outubro ás 13:00 horas ao longo
do Paseo Marítimo.
Con este acto, a Xunta local de Ares da
Asociación Española de Loita contra o Cancro (AECC), quere expresar o apoio ás
persoas afectadas por esta enfermidade e as súas familias. Ademais, búscase
concienciar á sociedade sobre a importancia da investigación, a prevención e o
diagnóstico temperán.
Desde a organización, anímannos a todos a unirse
e participar neste evento solidario vestindo algunha peza de cor rosa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario