miércoles, 30 de octubre de 2024

SAMAÍN NO CPI AS MIRANDAS

 Un ano máis, chega a primeira festa do curso, unha festa que nos atrapa a todos polo misterio e a fantasía que a acompañan:  O Samaín!!! . Esta festividade marca o final do verán e o inicio do inverno.

Este ano,  o CPI As Mirandas transformouse nun verdadeiro labirinto de pesadelos e fantasía, con motivo do concurso de decoración de portas terroríficas e das sorprendentes decoracións que ornamentaron cada recuncho do centro e que non deixaron indiferente a ninguén exhibindo a súa creatividade.  Non faltaron as cabazas, os debuxos terroríficos,  os arrepiantes sons  gravados polo alumnado de ESO  e os disfraces para ambientar a celebración neste espírito festivo.  Unha xornada repleta de maxia, risas e un toque de medo.

Aproveitamos tamén esta ocasión para entregar os diplomas do concurso de "Decoración de portas de Samaín".

 

jueves, 24 de octubre de 2024

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2024


Hoxe é o Día das Bibliotecas, de todas as bibliotecas; tamén das bibliotecas escolares de Galicia.

Celebrémolo!!!

Parabéns á biblioteca Municipal de Ares polo Séptimo Premio Nacional María Moliner.

Lembrade que hoxe as 19:00h  haberá unha sesión de  contacontos coa escritora Ana Meilan.

 

https://edu.xunta.gal/biblioteca/blog/?q=node/1800

#DíadasBibliotecas #porunfuturosostible #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

lunes, 7 de octubre de 2024

CONVOCATORIA DO CONCURSO DE IMAXES GRÁFICAS E PEZAS AUDIOVISUAIS, CON MOTIVO DO 25 DE NOVEMBRO “DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO”

 

Con motivo da celebración do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, a Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa convocan un Concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais.

👉O obxecto do concurso é a realización de traballos, consistentes en imaxes gráficas e pezas audiovisuais, coa finalidade de promover a reflexión sobre a loita contra a violencia de xénero dentro dos centros educativos de Galicia, a través dunha acción que fomente a participación cidadá no rexeitamento público e frontal contra a violencia de xénero e sensibilizar sobre a importancia de valores como o respecto e a igualdade entre mulleres e homes.

👉Tema: Reflexión contra a violencia de xénero.

👉Destinatarios: Poderá participar no concurso calquera centro educativo de ensino non universitario que imparta ensinanzas de primaria, ESO, bacharelato, formación profesional e ensinanzas especiais de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia.

👉Participación: Os traballos poderán realizarse individualmente ou en grupo a través de equipos guiados por 1 docente e constituídos por un máximo de 8 alumnos e alumnas; procurarase a representación equilibrada entre o alumnado.

👉Categorías:

  • 1ª Categoría: alumnado de 5º e 6º de educación primaria, de 1º e 2º de educación secundaria obrigatoria (ESO) e de educación especial.
  • 2ª Categoría: alumnado de 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (ESO), de 1º e 2º de bacharelato (BAC), de FP básica, de ciclos de grao medio e de ciclos de grao superior.
  • 3ª Categoría: alumnado das ensinanzas especiais de artes plásticas e deseño.

👉Modalidades de participación:

  • Modalidade "Imaxe gráfica": consiste na realización dun traballo gráfico (cartel, cómic, ilustración, debuxo...).
  • Modalidade "Peza audiovisual": consiste na realización dun traballo audiovisual (curtas, viodeoclips, performances, flashmob, danza, videopoemas, textos recitados...).

👉Prazo de presentación dos traballos: ata o día 8 de novembro de 2024, ás 15:00 horas.

👉Indicacións para para os envíos:

  • enderezo postal: Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, edificio administrativo San Lázaro s/n - 15781 Santiago de Compostela
  • enderezo electrónico:premios25n.igualdade@gmail.com

Pódense consultar as bases completas no documento anexo. 

👉Convocatoria do concurso

domingo, 6 de octubre de 2024

XA ESTÁ AQUÍ A VIII EDICIÓN DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL CONCELLO DE ARES

 Xa temos aquí a VIII Edición do Concurso de Fotografía Xuvenil que o Concello de Ares en colaboración tamén co noso cole organiza cada ano. Como sabedes, deste concurso sairán as  fotografías que se incorporarán ao calendario municipal do ano 2025 e que se distribúe entre toda a veciñanza e comarca.

A que che gustaría que a túa fotografía formase parte do calendario deste ano?. Pois xa sabes  o que tes que facer, colle o teu móbil ou cámara de fotos e anímate a fotografiar espazos, lugares, obxectos, actos ou situacións da nosa contorna que consideres parte da túa, da nosa identidade.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!!!



BASES



O ROSA É MÁIS CUNHA COR. CADENA HUMANA SOLIDARIA CONTRA O CANCRO

 A vila de Ares realizará unha cadea humana contra o cancro con motivo do Día Mundial do Cancro de Mama, baixo o lema «O rosa é máis  cunha cor».

A data será o  domingo 20 de outubro ás 13:00 horas ao longo do Paseo Marítimo.

Con este acto, a Xunta local de Ares da Asociación Española de Loita contra o Cancro (AECC), quere  expresar o apoio ás persoas afectadas por esta enfermidade e as súas familias. Ademais, búscase concienciar á sociedade sobre a importancia da investigación, a prevención e o diagnóstico temperán.

Desde a organización, anímannos  a todos a unirse e participar neste evento solidario vestindo algunha peza de cor rosa.