lunes, 4 de febrero de 2019

35 CONCURSO ESCOLAR ONCE. PATIOS INCLUSIVOS


Baixo o lema “Por min e por tódolos meus compañeiros” os alumnos e alumnas dos centros escolares As Mirandas de Ares e Virxe da Cela de Monfero, uniron esforzos para elaborar e realizar unha serie de vídeos para o 35 Concurso Escolar Once. Con esta proposta a Fundación ONCE pretende sensibilizar aos alumnos/as sobre a importancia de crear unha escola inclusiva e, nesta edición, ponse o punto de mira nos recreos inclusivos. De feito, o patio de recreo convértese nunha micro sociedade dentro do espazo escolar, onde alumnos/as de distintas idades, etapas educativas, perfis... poñen en xogo a súa capacidade de interactuar cos iguais nun espazo onde poñer en práctica as súas habilidades de empatía, negociación, interacción, solidariedade... Coa creación dun videoclip, cunha canción con letra propia de 60 segundos de duración, e a través da interacción imaxe-son, os rapaces e rapazas tentaron plasmar, a través da creatividade, a súa idea de como facer un recreo inclusivo para todos e aprender a vivir coa diferenza e desde a diferenza.

 





No hay comentarios:

Publicar un comentario