Este domingo, 24 de febreiro, lembramos a figura da nosa
poeta máis universal, Rosalía de Castro, a
escritora máis representativa da língua e da literatura galegas, pois asumíu a
voz do seu pobo, voz que guiou permanentemente a súa obra e o seu pensamento.
Por iso, para expandir o poder da
súa palabra quixemos facer un pequeno vídeo e amosar e reivindicar a esa
Rosalía que, adiantada ao seu tempo, mobilizou as conciencias colectivas
defendendo os dereitos das mulleres. O feito é que, sobre todo na súa pouco
coñecida prosa, Rosalía foi unha abandeirada do feminismo. O prólogo de La hija del mar, un dos seus libros
máis intimista, supón todo un alegato de empoderamento feminino e
reivindicativo. "Porque todavía no
les es permitido a las mujeres escribir lo que sienten y lo que saben”,
afirmaría no texto, publicado en 1859.
O certo é que a preocupación
constante pola condición feminina impregnou a súa obra. Ela representa, en
suma, o inicio da modernidade galega.
No hay comentarios:
Publicar un comentario