
jueves, 25 de octubre de 2018
GALA ENTREGA PREMIOS DO CONCURSO "CANTAMOS COAS MANS".FAXPG

lunes, 15 de octubre de 2018
"CLUB XOVE":PRESENTACIÓN A CARGO DE ÁLVARO, VERÓNICA E NDEYE ATA
Hoxe os nosos ex-alumn@s Álvaro, Verónica
e Ndeye Ata estiveron no noso cole presentando o proxecto “Club Xove”, unha iniciativa que
partíu destes rapaces despois de que participaran no Erasmus + xuvenil , un proxecto
financiado pola Unión Europea e que os levou a Croacia e Lituania onde puideron
aprender e traballar, xunto con mozos doutros países, a intelixencia emocional, a motivación, a empatía, o liderado, o voluntariado e todo o relacionado coas habilidades sociais, e que
transmitiron impecablemente aos rapaces e rapazas de 3º e 4º de ESO.
Tamén explicaron de qué forma
todos os alí presentes podían solicitar, acceder e sumarse a estes proxectos
europeos que, en palabras de Verónica, resúmese principalmente en ter
MOTIVACIÓN.
E precisamente, esa motivación, é a
que os levou a presentar este proxecto
de creación dun “Club Xove” para todos os rapaces e rapazas de Ares e contorna,
proxecto no que colabora o Concello de Ares. A través del, todos os mozos/as poderán aprender sobre educación non
formal, voluntariado, intelixencia emocional e optar a oportunidades educativas
na UE, ademais doutras moitas actividades que se realizarán.
Moitas grazas aos tres por esta
magnífica iniciativa e animamos a todos
os mozos/as que teñades entre 13 e 18 anos a sumarvos ao Club Xove.
ANTÓN FRAGUAS
Tedes á vosa disposición unha unidade didáctica dirixida ao alumnado de educación primaria que ten como finalidade divulgar a figura de Antón Fraguas Fraguas, o autor homenaxeado o Día das Letras Galegas 2019.
Antón Fraguas by veronicadopico6009 on Scribd
DOMINGO FONTÁN E A CARTA XEOMÉTRICA DE GALICIA
A Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración co Consello da Cultura Galega e a Real Academia Galega de Ciencias, acaba de presentar unha unidade didáctica sobre Domingo Fontán. Será moi útil para dar a coñecer a figura deste matemático e científico galego e comprender a importancia da súa obra, na que destaca a Carta Xeométrica de Galicia.
Domingo Fontán by veronicadopico6009 on Scribd
jueves, 11 de octubre de 2018
10 DE OUTUBRO: DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL
Onte, día 10 de
outubro conmemorouse o día da Saúde Mental e hoxe, xoves 11 outubro, no noso
centro, realizamos unha actividade coa finalidade de visibilizar,
normalizar e favorecer a inclusión activa das persoas que padecen enfermidades
mentais. Poñernos no seu lugar, favorecendo o desenvolvemento da empatía,
consideramos que é a mellor maneira de comprender os problemas que carrexan a
ampla variedade de trastornos mentais.
A actividade
consistíu na participación do alumnado de 1º e 2º de ESO nunha xincana,
composta por seis actividades de xogos populares, coa finalidade de coñecer de
cerca as características, comportamentos e situacións que viven diariamente a
persoas con problemas de saúde mental.
O obxectivo
desta actividade vai dirixido a combater a discriminación por medio da
inclusión activa, utilizando actividades lúdicas que permitan romper cos
estereotipos, falsos mitos e etiquetas
existentes sobre as persoas que presentan problemas de saúde mental. Ademais
favorecerase o desenvolvemento da autonomía, do compañeirismo, da cooperación
e da empatía, creando interese e
resolvendo dúbidas que poidan xurdir no alumnado adolescente.
viernes, 5 de octubre de 2018
IX DÍA DA CIENCIA EN GALEGO: A CULTURA CIENTÍFICA E A CULTURA GALEGA
O título da temática deste ano no Día da Ciencia en Galego vai ser A cultura científica e a cultura galega como patrimonio cultural europeo. A UE declarou o ano 2018 como o Ano do Patrimonio Cultural Europeo e nos os celebramos así.
jueves, 4 de octubre de 2018
FOTOGRAFIANDO A NOSA CONTORNA
Hoxe realizamos
unha saída pola nosa vila para plasmar coas nosas cámaras e dispositivos móbiles
algúns espazos da nosa contorna. En breve daremos máis datos sobre este
proxecto que terá como produto final unha estupenda exposición fotográfica.
Desde aquí queremos invitar a todo o alumnado a que siga quitando e aportando
fotografías de todos os lugares do noso concello: Ares, Redes, Lubre, Cervás,
Chanteiro.... Temos moito que amosar en
todos os ámbitos e a vosa perspectiva é fundamental.
Recordade tamén que o prazo para presentar as vosas fotografías
ao II Concurso de Fotografía Xuvenil que organiza o noso concello remata o 31
de outubro.
Aquí deixamos un pequeno video do noso percorrido fotográfico de hoxe por
Ares.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)