Hoxe os nosos ex-alumn@s Álvaro, Verónica
e Ndeye Ata estiveron no noso cole presentando o proxecto “Club Xove”, unha iniciativa que
partíu destes rapaces despois de que participaran no Erasmus + xuvenil , un proxecto
financiado pola Unión Europea e que os levou a Croacia e Lituania onde puideron
aprender e traballar, xunto con mozos doutros países, a intelixencia emocional, a motivación, a empatía, o liderado, o voluntariado e todo o relacionado coas habilidades sociais, e que
transmitiron impecablemente aos rapaces e rapazas de 3º e 4º de ESO.
Tamén explicaron de qué forma
todos os alí presentes podían solicitar, acceder e sumarse a estes proxectos
europeos que, en palabras de Verónica, resúmese principalmente en ter
MOTIVACIÓN.
E precisamente, esa motivación, é a
que os levou a presentar este proxecto
de creación dun “Club Xove” para todos os rapaces e rapazas de Ares e contorna,
proxecto no que colabora o Concello de Ares. A través del, todos os mozos/as poderán aprender sobre educación non
formal, voluntariado, intelixencia emocional e optar a oportunidades educativas
na UE, ademais doutras moitas actividades que se realizarán.
Moitas grazas aos tres por esta
magnífica iniciativa e animamos a todos
os mozos/as que teñades entre 13 e 18 anos a sumarvos ao Club Xove.
No hay comentarios:
Publicar un comentario