Onte, día 10 de
outubro conmemorouse o día da Saúde Mental e hoxe, xoves 11 outubro, no noso
centro, realizamos unha actividade coa finalidade de visibilizar,
normalizar e favorecer a inclusión activa das persoas que padecen enfermidades
mentais. Poñernos no seu lugar, favorecendo o desenvolvemento da empatía,
consideramos que é a mellor maneira de comprender os problemas que carrexan a
ampla variedade de trastornos mentais.
A actividade
consistíu na participación do alumnado de 1º e 2º de ESO nunha xincana,
composta por seis actividades de xogos populares, coa finalidade de coñecer de
cerca as características, comportamentos e situacións que viven diariamente a
persoas con problemas de saúde mental.
O obxectivo
desta actividade vai dirixido a combater a discriminación por medio da
inclusión activa, utilizando actividades lúdicas que permitan romper cos
estereotipos, falsos mitos e etiquetas
existentes sobre as persoas que presentan problemas de saúde mental. Ademais
favorecerase o desenvolvemento da autonomía, do compañeirismo, da cooperación
e da empatía, creando interese e
resolvendo dúbidas que poidan xurdir no alumnado adolescente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario