Podedes ver a curta documental se premedes na seguinte imaxe ou no enlace que está debaixo
https://player.vimeo.com/video/248783285
Emotiva homenaxe ás mulleres, o que vivimos o venres 9 de marzo na proxección do documental “Marea de Mulleres”, audiovisual realizado polo alumnado de 4º de ESO do CPI As Mirandas no proxecto “Vidas Mariñeiras” que levamos a termo no primeiro trimestre.
Dentro das actividades que levamos a termo polo Día da Muller, as alumnas e alumnos do centro escolar en colaboración co Concello quixeron dedicarlle este acto. Só quero subliñar as verbas coas que remata o documental, escritas por Verónica de 4º ESO:
“Intemporais, como as ondas do mar que se moven coas mareas,en silencio, mais
sen perder forza, sen descanso e sen queixa, constantes, inesgotables e
experimentadas, agochando unha chea de ventos e correntes, as súas historias.
Moito cambiou dende que botaron a andar, pero o delas segue sendo o noso
ronsel, un camiño das mulleres e da terra, un camiño noso, no mar”.
“Dedicado a todas aquelas que co seu traballo
loitaron polos nosos dereitos e liberdades”.
Non quero rematar estas liñas sen dar a en hora boa a todas as alumnas e
alumnos de 4º polo seu incansable e bo traballo tanto na realización do
documental, como no acto. Impecables tod@s: dende as presentadoras, á lectora
do discurso, os músicos, as rapazas que acompañaron en todo momento ás mulleres homenaxeadas, a fotógrafa, o
realizador do vídeo...
Grazas tamén a Anxo (profe de galego) pola súa
implicación neste proxecto que, pola parte
que me toca, penso que non podería ser posible sen el.
Yolanda Castro. EDLG
Vídeo do acto
Vídeo do acto
No hay comentarios:
Publicar un comentario