Por terceiro ano consecutivo o noso centro está a participar no programa «Fálame da emigración», de
Afundación (Fundación Galicia Obra Social), un encontro interxeracional entre
maiores e estudantes no que os maiores e alumnas e alumnos dialogan sobre
vivencias na emigración. Este proxecto
ten tres obxectivos fundamentais: que as persoas maiores transmitan os seus
coñecementos e experiencia, que o noso alumnado se beneficie do legado das
persoas maiores e que a comunidade educativa incorpore novas modalidades de
aprendizaxe favorecendo en todos os casos o diálogo, a cooperación e o
entendemento entre as distintas xeracións.
Neste encontro tivemos con nós a Sara, Ezequiel e Carmen que
compartiron con todos nós as súas experiencias en Suiza, Canadá e Arxentina. No
segundo encontro que teremos con eles, que será á volta das vacacións, rapaces
e rapazas de 2º ESO tras investigar sobre a historia de vida das súas propias familias,
relatarán tamén as súas relacións coa emigración e xuntos reflexionarán sobre
as diferentes motivacións para emigrar, as dificultades e os aspectos positivos
ou as diferenzas coa inmigración en Galicia.
Neste vídeo podedes ver un extracto deste primeiro encontro
No hay comentarios:
Publicar un comentario