O CPI As Mirandas. xunto co Concello de Ares a través do Centro de Información á Muller CIM) e a Concellaría de Muller, organizamos diversas actividades co gallo da celebración do Día Internacional Da Muller.
A primeira delas tivo lugar esta tarde a través dunha mobilibización polas rúas da vila como concienciación e visibilización das enormes diferenzas que existen aínda nos dereitos de mulleres e homes. Na marcha participaron os estudantes do CPI As Mirandas xunto cos seus profesores e directora así como as asociacións de mulleres do municipio e os representantes das distintas concellerias, nas que se encontraban representantes do CIM (Centro de Información á Muller, concelleria da muller e de cultura e o alcalde.
A marcha rematou na praza da Constitución cun manifesto que realizaron os alumn@s do CPI As Mirandas e finalizamos cunha canción de SES, “Tempestades de sal”.
O longo desta semana iranse sucedendo diversos actos, tanto no centro educativo como no concello, entre os que destaca o venres 9 de marzo a "Homenaxe as mulleres" que os alumn@s de 4º ESO están a preparar, acto no que se proxectará o documental Marea de Mulleres, realizado por eles.
No hay comentarios:
Publicar un comentario