Pero ademáis de celebrar o Día
Escolar pola Paz cada 30 de Xaneiro, cousa que debemos facer, sería mellor celebrar a paz todos os días e preguntármonos
e interpelar ao alumnado sobre onde está a paz, e en que lugar debemos buscala.
Porque non está, como adoitamos crer, fóra de nós, nos grandes líderes
mundiais, nin tampouco nas pombas que soltamos, ou nos paneis que debuxamos,
nas mans de cores que estampamos en muros e corredores... como ás veces cre o
noso alumnado, senón que debemos aprender a escoitar a voz da nosa propia
conciencia, dentro do noso corazón, desde aí é desde onde construímos a paz,
cada día, connosco mesmo e cos demais. Tal e como o dicía maxistralmente o
propio Mahatma Gandhi: "Os únicos demos que existen no mundo aniñan dentro
do noso propio corazón".
E como non podía ser de outro modo, no noso cole celebramos esta data
levando a cabo uhna serie de actividades:
Os alumnos e alumnas da ESO realizaron un fermoso mural que preside a
entrada e que reflicte a Paz que todos
debemos buscar e transmitir. Tamén os
rapaces/as de 1º ESO visitaron aos
alumnos e alumnas de educación infantil e primaria para falarlles deste día e
da importancia da paz, do dialogo, do
respecto aos demais… Ao final
agasallaron a todos cunha das pegatinas que os alumno/as da ESO e de 6º de
primaria crearon para esta data.
Os nenos de infantil e primaria tamén conmemoraron este día facendo
debuxos, murais e reflexións sobre a paz.
Aquí tedes un video resumo deste día.
No hay comentarios:
Publicar un comentario