jueves, 28 de noviembre de 2013

VISITAMOS A ONG CÁRITAS EN ARES


Neste primeiro trimestre estivemos a traballar o papel que desempeñan as ONG´s na sociedade  e no mundo. Para completar o noso traballo, hoxe  os alumnos e alumnas de 1º  ESO visitamos as instalacións de Cáritas sitas no baixo dá Biblioteca de Ares, lugar que cedeu amablemente o Concello para que esta institución poida atender as persoas que o necesitan.
Cando chegamos estábannos a esperar Concha e  Lorena  que son dúas das voluntarias que traballan desinteresadamente en Cáritas de Ares.
 
Amablemente explicáronos como funciona esta institución: como xurdíu Cáritas, canto tempo levaba en funcionamento, cantos alimentos recollían ao mes, o perfil dos usuarios e unha morea de preguntas máis que os rapaces e rapazas  lles fixeron. Tamén amosáronnos as instalacións: o ropeiro con toda a roupa doada pola xente, os conxeladores onde gardan alimentos perecedeiros, a sala onde están- en diversas estanterías- os alimentos recollidos. Explicáronnos que ademais dos alimentos que recollen na sé de Cáritas, tamén contan coa colaboración de diversos supermercados e establecementos de Ares onde a xente pode depositar a súa doazón. 
“Aínda que estamos en tempos de crise, e todos a notamos, a xente de Ares é moi solidaria”, suliñou Concha, quen nos puxo o exemplo de  xente que nun determinado momento tivo que acodir a Cáritas e  hoxe en día, esa mesma xente, que se encontra nunha mellor posición, achégase pola institución para deixar alimentos e aportar o que pode dentro dás súas posibilidades.
 A verdade é que os alumnos/as quedaron impresionados e mostraron moito interese. Na nosa visita tamén aportamos un pequeno graíño de area levando uns cantos alimentos e unhas caixas de leite.
Grazas a Concha e a Lorena por recibirnos sempre tan ben e dicir que, esta visita é previa á que faremos no nadal cando levemos a Cáritas e á Cociña Económica de Ferrol, os alimentos que recolleremos no noso centro dentro da “Operación Quilo” de Nadal. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario