A Secretaría Xeral de Política Lingüística pon á nosa disposición materiais relacionados co IV
Día da Ciencia en Galego que, nesta ocasión, está dedicado a dúas temáticas:
por unha banda, á arte e a ciencia e, pola outra, á estatística. Esta
conmemoración servirá tamén para homenaxear e lembrar a tres figuras singulares:
Isaac Díaz Pardo, Florence Nightingale e Richard Buckminster Fuller. Se
premedes na seguinte imaxe faredes o enlace directo á páxina oficial de Ciencia
en Galego.
Dentro desta páxina encontraredes diversas experiencias de centros nos que se traballa a ciencia en galego. Entre elas podedes atopar un enlace no que aparece o noso centro cunha experiencia que o curso pasado fixeron os alumnos/as de 4º DC para os máis pequerrechos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario