lunes, 30 de abril de 2012

VALENTÍN PAZ ANDRADE.LETRAS GALEGAS 2012



Este ano Valentín Paz Andrade é o autor elixido pola Real Academia para ser homenaxeado no Día das Letras Galegas.

Andrade naceu na parroquia de Lérez, en Pontevedra, o 23 de abril de 1898. Realizou os estudos de bacharelato na cidade de Pontevedra e, xa de mozo, estudou para avogado na Universidade de Santiago de Compostela. Dende moi novo dedicouse a escribir en xornais e revistas e chegou a dirixir, durante cinco anos, o xornal «Galicia», aínda que seguiu colaborando noutros xornais e revistas galegas e madrileñas.
Traballou como avogado de varias empresas pesqueiras e escribiu moitos libros sobre os problemas da pesca en Galicia e no mundo. Fundou, xunto con outras persoas, a empresa Pescanova, dedicada á pesca en mares moi afastados de Galicia.
Escribiu tamén poesía. O seu primeiro libro está adicado ao seu amigo Alfonso Rodríguez Castelao, e leva por título Pranto Matricial. Máis tarde escribiu Sementeira do vento e Cen chaves de sombra.
Foi membro da Real Academia Galega e da Real Academia Galega das Ciencias e galardoado co Pedrón de Ouro, a medalla Castelao e numerosos premios máis, polo seu traballo a prol de Galicia.
Se queredes saber máis sobre el, aquí tedes algún enlaces que vos axudarán. Tamén podedes visitar o enlace seminariogalan.org onde encontraredes actividades interactivas para todos os niveis.

Premede nas imaxes para acceder aos recursos e actividades

 
Actividades interactivas en liña

 
Documentos e actividades para imprimir

No hay comentarios:

Publicar un comentario