Os rapaces de 3º de PDC, coa colaboración dalgúns alumnos de 3º B e 4º A, metéronse na pel dos personaxes dunha particular versión do conto da "Cincenta" -na que nin a protagonista nin o príncipe son o que parecen- e no pelo dos divertidos animais do conto "A casa da mosca chosca" -no que unha torta de amora fai estrago no bosque-.
Era un teatro para os máis pequenos, pero non está moi claro quen o pasou mellor, se eles ou nós!"
Aquí vos deixamos a representación
En hora boa a tod@s. Sodes uns grandes artistas. xa sabedes...non perdades as gañas de seguir creando como o estades a facer.
ResponderEliminar