jueves, 19 de abril de 2012

O CPI "CONDE DE FENOSA" GAÑADOR PROVINCIAL DO 28 CONCURSO ESCOLAR DA ONCE

Como ven sendo habitual a ONCE convocou o 28 Concurso Escolar co lema de "Fai o teu barrio accesible". Os nosos alumn@s puxéronse no lugar das persoas que teñen problemas para ver, escoitar, para camiñar... analizaron o noso contorno  desde unha nova perspectiva, a de aquelas persoas que viven con algún tipo de discapacidade. E así, uns elaboraron fotoreportaxes e outros vídeos para denunciar que tod@s temos os mesmos dereitos, que os nosos barrios deben ter accesibilidade para que todo o mundo poida moverse por eles e que os barrios e as cidades teñen que ser accesibles para tod@s.

 O xurado despois de deliberar considerou que a vídeo-reportaxe gañadora na fase provincial fose a realizada polo grupo de 2º da ESO composto pol@s alumn@s: Judith Rouco Filgueiras, Antonio Lemos Margaretto, Laura Pita Sánchez, Lucía Rodríguez Buyo, Felipe Oltra Crespo, Daniel Domínguez Leira y Ainhoa Somorrostro Fernández. En hora boa a todos e todas. Aquí vos deixamos o vídeo gañador.


                    

2 comentarios:

  1. Parabéns!, que alegría!, primeiramente por saber que os alumnos do Conde de Fenosa sexan tan sensibles a este tipo de atranco social cos eivados e loiten contra ela e segundo, por ter noticia que esa denuncia sexa recompensada en forma de premio. Seguide así mozos!

    ResponderEliminar
  2. Sempre vos digo que valedes moito máis do que pensade, e estou no certo, non si? Este premio demostra o compromiso e a sensibilidade cara os que o precisan. EN HORA BOA! UN PREMIO BEN MERECIDO.

    ResponderEliminar