Os gañadores da vixésima edición do “Rallye Matemático sen Fronteiras”, organizado por AGAPEMA (Asociación Galega de Profesores de Matemáticas), son 13 alumnos de 3° de ESO do Centro Público Integrado “Conde de Fenosa” de Ares.
Os 13 estudantes de 3° ESO-B do CPI Conde de Fenosa foron os gañadores do xa tradicional Rallye Matemático celebrado en Galicia e norte de Portugal.
A proba realizouse o pasado 19 de marzo e consistía en resolver de forma grupal durante 1 hora seis problemas matemáticos. O galardón o compartirán cun grupo de 4º ESO do CPI de Zas.
Como recompensa, a organización concederalles unha dotación económica de 3.000 euros doados pola Consellería de Educación e Educa Barrié para sufragar os gastos da viaxe a Toulouse, en Francia, onde se celebrará,o próximo 1 de xuño, a gran final, na que competirán contra estudantes doutros países. Con esta actividade Agapema pretende favorecer o traballo en equipo entre os estudantes de Secundaria, revalorizar a imaxinación e a creatividade destes xóvenes e facer vivir as matemáticas a través de situación orixinais.
En horaboa a tod@s e a súa profesora María Segura Torres.
No hay comentarios:
Publicar un comentario