Despois dunha longa deliberación, o comité avaliador do "O Preguntorio Científico" xa elexiu a mellor resposta á pregunta sobre a primeira personaxe misteriosa do concurso en rede de educaBarrié.
Tratábase de Antoine Lavoisier o creador da Química moderna co que se quixo despedir o Ano Internacional da Química.
Pola súa capacidade de argumentación, a correción na escrita e a rapidez na resposta, Aida Formoso Sánchez alumna de 2º da ESO do C.P.I. Conde de Fenosa en Ares, converteuse na primeira alumna gañadora do concurso.
Desde educaBarrié, próximamente un reporteiro gráfico se acercará até o centro para plasmar nunha imaxe o momento en que se lle fai entrega a Aida do seu ben merecido premio: un xogo de experimentación científico co que pode seguir a senda de Lavoisier.
Desde o noso centro damos os nosos parabéns a Aida e ao profe Xacobo de Toro pola súa gran labor docente e por motivar e animar ao alumnado a adquirir a capacidade de "aprender a aprender".
Moitas felicidades a Aida polo seu merecido premio!!!
ResponderEliminarDende logo que foi ben merecido!.
ResponderEliminarParabéns!