O ilustrador e debuxante Anxo Fariña visitou o noso centro para manter un encontro co alumnado de 1ºESO que na 1ª avaliación leu Os megatoxos e o aprendiz de druída.
Moito do noso alumnado, enganchado co seu primeiro libro, decidiu ler os outros dous títulos desta entrega: Os megatoxos e a espada esmeralda e Os megatoxos e os templarios da luz.
Contounos moitas cousas da súa obra como ilustrador e como autor, dos seus personaxes, das súas teimas ao debuxar. Explicounos como naceron os Megatoxos, converteu a Brais nun hipotético personaxe da serie, pois asegurounos que haberá unha cuarta entrega; e por suposto asinou os libros para deixar pegada en nós do seu paso polo noso centro. Grazas, Anxo, pola túa visita e por facernos gozar do teu bo facer.
Nos esquezades que podedes visitar a súa páxina e reflectir nela as vosas impresións sobre a súa obra http://introterrestres.blogspot.com/.
Tamén podedes facer comentarios no noso blogue.
Anxo Fariña falando dos Pelelliños
O alumnado gozando da exposición
Brais preséntase voluntario para que o debuxen
Anxo converte a Brais en Megatoxo
Anxo Fariña asínalles os libros aos alumnos
O vernes 26 de marzo, o día da entrega de notas fixemos un concurso chamado preguntón.
ResponderEliminarTamén estivemos con Anxo Fariña.Molou moito,nos fixo uns debuxos a nenos que él escolleu entre o público.Cando dixo quen se presentaba voluntario levantei eu a man e debuxoume. Gustoume porque convertiume en Megatoxo.
O pasamos moi ben e logo nas notas houbo alguen que suspendeu a avaliación,pero foron moi boas para min.
Gustaríame que se fixeran máis actividades coma estas.
O venres día 26 de marzo foi o día de entregar as notas. No noso colexio fixemos un preguntón con moitas probas. Os nenos de primeiro 1º estivemos con Anxo Fariña. Explicounos como de un obxecto sen diversión fai cousas moi graciosas; tamén fixo un debuxo dun compañeiro noso Brais. Ao remate da charla asinounos os libros dos Megatoxos. Tiven moi boas notas, espero que haxa máis actividades semellantes.
ResponderEliminarO venres 26 de Marzo,Anxo Fariña veu ao noso colexio para falarnos sobre como creou aos Megatoxos e sobre outros libros para nenos máis pequenos.A nos pareceunos moi entretida.A parte de dar a charla ilustrou a Brais e tamén dibuxou unhas caixas, as cales tuneou máis tarde.Unha transformouna nun coche de carreiras,outra nun alieníxena e as terceiras nuns namorados no día de San Valentín.Cando rematou a charla asinounos os libros dos Megatoxos e o dibuxo de Brais.
ResponderEliminarNos cremos que deberia de haber máis charlas.Gustounos todo o único que pareceunos mal é que as caixas non as asinou.
Ola somos Rita e Lucia de 1ºA/B. Queríamos comentar o que pasou o 26 de marzo.Veu a vernos ao noso centro Anxo Fariña, un ilustrador e escritor moi bo. Fixo debuxos con caixas e despois dibuxou a un compañeiro que se chama Brais.
ResponderEliminarCando acabou asinounos os libros dos Megatoxos.
Ese dia tamén fixemos xogos no pavillon.
Pasomolo moi ben e gustarianos que estas xogos volverianse a repetir
O 26 DE MARZO TODO EMPEZOU ASÍ:
ResponderEliminarNos limos un libro de Anxo Fariña ,e gustounos
moito.Logo a nosa profe de galego troxounos a
o mismísimo:ANXO FARIÑA.Contounos como se lle ocorreu facer o libro dos MEGATOXOS,e logo fixo uns debuxos dunhas caixas moi bonitas.
!que non as asinooouuu!
e nos molesta que alguns nenos vanas levar e os demais nos fastidiamos por que nos gustaria levalas tamén.De todos modos gustounos moito
a actividade e queremos que haxa moitas máis.
O dia 26 de marzo veu Anxo Fariña ao noso cole.Nos presentou os libros que fixo para os pequenos e grandes.Colleu a Brais como voluntario e o pintou como un megatoxo .Parecíase moito a él. Despoís firmounos os libros e o teño gardado na miña casa. Ese día foi moi divertido para min e para os demais nenos.
ResponderEliminar