miércoles, 28 de abril de 2010

OS NOSOS REPORTEIROS

Este é o derradeiro curso académico no que imos contar coa presenza de tres queridos profesores que nos acompañaron durante moitos anos. Manuel Martinez, José Juan Vilasanchez e José Luis Mauriz, deixan a docencia despois de estar impartindo clases máis de trinta anos. Comezan así unha merecida etapa de descanso, que non de inactividade, xa que seguro se entregarán ao resto das súas paixóns con xúbilo, que é como debe entenderse toda xubilación. Aínda que é ben certo que cando un profe vocacional deixa a docencia non se xubila o profesor, xubílase o funcionario.

Entrevista a D. Manuel Martínez relizada por Laura Díaz Martínez, alumna de 1º da ESO

"Donma" é un profesor da ESO dos cursos de 1º e 2º. As asignaturas que imparte son ciencias naturais e matemáticas. Este é o derradeiro curso que traballa.

L: Cantos anos levas traballando no Conde de Fenosa?.
M: Levo traballando 34 anos.
L: Cal foi o mellor recordo do teu traballo e o peor?
M: O mellor ver que moitos alumnos e alumnas progresaron na vida, e o peor, ver que ás veces non se logrou con todo o alumnado.
L: Que che gusta máis, ciencias naturais ou matemáticas?
M: Matemáticas
L: Gustaríache traballar máis anos?.
M: A verdade é que sí.
L: Gústache aprenderlles aos alumnos ou falo por obriga?
M: Gústame moito, é por devoción.
L: Que diferenzas hai entre os alumnos de antes e os de agora?
M: Antes había moita máis disciplina que agora e tamén, polo xeral, o alumnado era máis estudoso.
L: Cóntanos unha anécdota que che pasara no colexio.
M: Ben, hai moitas o longo da miña vida como mestre pero desde logo, unha delas, é que me fagan unha entrevista.
Outra que recordo agora coa perspectiva do tempo de xeito gracioso, pero que no seu momento non o foi, e que nunha excursión de fin de curso tiráronme a piscina cando eu andaba despistado. Cando caín sumerxinme ata o fondo, pero coa caida entrei en estado de shock e non daba saído da auga, polo que me tiveron que rescatar.
L: Que pensas facer despois de xubilarte?
M: Viaxar e intentarei cultivar unha horta pequena que teño na miña casa.
L: Vas estrañar o comedor, os alumnos..., os profesores?
M: A verdade e que vounos estrañar moito. Levo 26 anos como responsable do comedor e non me vou olvidar del, nin dos demais tampouco.
L: Non teño máis preguntas, queres engadir algún comentario?
M: Quero agradecer a paciencia que tiveron os compañeiros, os alumnos e a dirección conmigo e mandar unha aperta a todos eles.
L: Queremos dicirche que goces das túas próximas e merecidas vacacións e oxalá che quede un bo recordo dos teus alumnos e alumnas.
Laura Díaz Martínez . 1º ESO

Laura entrevistando a Donma, como cariñosamente lle chaman os alumnos/as

Laura e D. Manuel


Entrevista a D. José Juan Vilasánchez, secretario e profesor de inglés realizada por Benjamín Fernández, alumno de 4º da ESO e ex-alumno de "Vila".

Querido público, imos falar do profesor de inglés e secretario do centro, D. José Juan Vilasánchez Pazos. A min deume clases de inglés durante tres cursos seguidos. A entrevista é porque se vai a xubilar este curso académico, 2010.

B: Vostede está contento coa xubilación despois de tantos anos no seu labor?
V: Por suposto que sí, despois de 40 anos de profesor e máis de 20 anos de estudante metido na escola.. Tiña 6 anos cando empecei a estudar no colexio e 25 cando comecei a traballar de profesor, no ano 1948.
B: Vainos botar de menos a todos neste colexio?.
V: Claro que sí.
B: Viranos a ver algunha vez?
V: Por suposto, virei de visita.
B: Que diferenza hai na educación neste século con respecto a cando vostede empezou a traballar no colexio?
V: Hai moita diferenza porque agora hai máis medios e menos ganas de estudar. Antes era ao revés.
B: Sei que foi alcalde de Ares, gustaríalle renovar a súa actividade como político?
V: Si, fun alcalde de Ares. Logo de estar afastado da política, volvín nas últimas eleccións municipais e deixeino ao ano seguinte, así que non voltarei. Nese senso xa cumprín unha etapa da miña vida.
B: Cales foron os seus mellores momentos no ensino?.
V: Case todas as horas de clase. A verdade é que o paso ben dando clase, resúltame motivador e gratificante.
B: E os peores?.
V: Non hai momentos malos.
B: Pode contar anécdotas que lle pasaron no traballo?
V: Sí. Nunha ocasión tiven unha discusión cunha nai porque sacaba ao seu fillo moitas veces ao encerado, o alumno ía moi xustiño. Ao final aprobou e chegou a ir á universidade. De tódolos xeitos, o seu pai entendeu que todo era polo seu ben.
B: Aquí acaba a entrevista. ¿Gustaríalle contar algo máis?
V: Agradecer a toda a comunidade educativa, pais e alumnos todos os bos momentos que pasei, e non me despido porque estarei por aquí aínda que non traballe na docencia.
B: Non quero despedirme sen desexarlle en nome do colexio que as vacacións que agora empeza sexan agradables.

Benjamín Fernández. 4º ESO

Dous momentos da entrevista de Benjamín a Vilasánchez



Entrevista a D. José Luis Mauriz  profesor de inglés do primeiro ciclo da ESO, realizada por Manuel Iglesias Bujones, alumno de 1º da ESO.

Xosé Luis é o noso profesor de inglés. É alto e forte, e xubílase este ano. El é galego e de Mugardos de toda a vida; tamén vive ahí. Por iste motivo vou facerlle unha entrevista, co seu permiso.

M: Ola, bos días, Xosé Luis.Que tal estás?. Co teu permiso iniciamos a entrevista. Cantos anos levas traballando de profesor?.
X.L.. Levo traballando 37 anos.
M: Levas moito tempo no C.P.I. de Ares?
X.L.:Desde o ano 1982, 28 anos.
M: Os nenos de aquí son mellores que os dos outros nos que estiveches?.
X.L.:  Iguales, non hai queixa,pódese decir que son moi acomodados.
M: Hai algunha diferenza entre os alumnos de agora e os de cando empezache a traballar?.
X.L.: Os alumnos de antes estudaban mais e se esforzaban mais.
M: Cales son os mellores recordos da túa vida laboral?, e os peores?.
X.L.: Foron en Mazarrón, na costa da rexión murciana. Non tiven peores momentos.
M: Cóntanos unha anécdota graciosa que che ocorrera no tempo que levas no ensino.
X.L.: Que un profesor deste centro sacoulle a porta do despacho a D. Santiago e escondeulla. Tamén en carnavales "Donma" manchouno todo cunha tinta especial e colleu un cabreo de puñetas.
M:  Vas estrañar aos alumnos e ós profesores?.
X.L.: Non, non vou a estrañar a nadie, se cadrs só un chisquiño.
M: Non teño máis preguntas. Queres engadir  ou comentar algo ou algunha cousa?.
X.L.: Que estiven moi contento neste coleio de Ares.
M: Moitas grazas e ata outro día. Que o pase ben no seu tempo libre

1 comentario:

  1. Están moi ben as entrevistas e moi guapos todos, sobre todo Donma.Esto o digo porque é certo non para facerlle a pelota e que me suba a nota

    ResponderEliminar