A Campaña Mundial pola Educación (CME) é unha campaña internacional promovida por alumnos, alumnas, docentes, centros escolares, ONG e movementos sociais comprometidos co dereito á educación para todos os nenos e nenas no mundo. Actualmente, 72 millóns de nenos e nenas non están escolarizados e 759 millóns de persoas adultas non saben ler nin escribir.
Cada ano, a Campaña loita por acabar con esta situación e conseguir que todos os nenos e nenas no mundo poidan asistir a unha escola. Para iso, organízanse diversas actividades e actos de mobilización pública na que chamamos a Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME), que sempre celebramos no mes de abril e onde pedimos aos nosos políticos e políticas que destinen os recursos necesarios para facer realidade o compromiso dunha Educación para Todos e Todas.
Dende a nosa escola queremos apoiar esta iniciativa, e os nosos/as alumnos/as farás as súas propias propostas a través de debuxos e lemas.
Ademáis os alumnos e alumnas da ESO asinaron o seu compromiso para lograr unha Educación para todos e todas en 2015. Visitamos a páxina web (http://www.1gol.org/), para asinar a favor da campaña, coñecer cómo a educación cambia a vida das persoas, consultar as noticias e visitar as actividades que se están a realizar noutras partes do mundo.
Nós tamén queremos marcar un GOOOOL a favor da educación...
No hay comentarios:
Publicar un comentario