Onte, luns 2 de marzo, tivemos a
visita de Lorenzo Capllonch Blanco e Celsa Formoso, dúas persoas afeccionadas ao
coñecemento dos reloxos de sol e que viñeron a darnos un pequeno Obradoiro
sobre como facelos.
Lorenzo Capllonch Blanco é
avogado e arquitecto Técnico, natural de
Felanix (Mallorca). Goza dos
veráns na súa casa de Seselle onde nunha
das súas paredes pode verse un fermoso reloxo de meridiana.
A nosa amiga e xa
colaboradora asidua, Celsa Formoso Martínez, é natural de Ferrol, bióloga e
profesora xubilada, afincada en Ares , e tamén ten un magnífico reloxo de sol
nunha das paredes da súa casa.
Lorenzo Capllonch, sempre foi un
estudoso da Astronomía. Os seus coñecementos levárono a crear un software para
o cálculo dos movementos dos distintos astros
e unha aplicación para a
realización de reloxos de Sol horizontais e verticais.
Durante o obradoiro
comezaron cunha introdución ao manexo do
programa de cálculo para a realización de reloxos de Sol Vertical. De feito, o
noso centro contará cun reloxo de sol nunha das súas fachadas grazas a Lorenzo
que, ademais, altruistamente, cedeu ao noso centro o programa para que alumnado e
profesorado podan facer uso del.
Como todos sabemos, desde sempre,
o home intentou medir o tempo, observando o firmamento, comprobando os cambios
cíclicos, as estacións, as sombras…Os reloxos de Sol son unha suma de
saberes: é necesario coñecer os
movementos do Sol e a Terra, o que implica coñecementos de astronomía; para as
medidas das sombras e os ángulos,
necesítanse cálculos matemáticos e moita xeometría; para os lemas,
xeralmente en latín, se demostran coñecementos en linguas clásicas e soen indicar unha
“filosofía” sobre o paso do tempo; o soporte sobre o que se plasma o
reloxo axúdanos a coñecer diferentes
rochas. Son pois un legado cultural de gran valor.
No ano 2009, colocouse en Ares o
reloxo de Sol da Igrexa e, xa daquela, os meus alumnos/as, realizaron unha didáctica e instrutiva
experiencia no colexio que podedes lembrar premendo neste enlace:
Por outra banda, Celsa Formoso
propúxonos unha serie de actividades axeitadas para cada nivel educativo coas
cales poderemos achegar ao noso alumnado coñecementos sobre as formas de medir
o tempo, os movementos da terra, os reloxos de sol, a astronomía..
Ela anímanos a que realicemos algunha destas
actividades co noso alumnado e así facer
unha recompilación das mesmas que serán recollidas nun cartafol.
O obxectivo é a construción dun reloxo de Sol para o noso centro
e que todos participemos na súa creación.
Por último transcribo unhas
palabras de Celsa sobre a xornada:
Hemos pasado una estupenda
tarde, acompañada por un grupo de 11 profesoras super interesadas y
motivadas. Os animamos a construir
vuestros propios relojes solares. Ya tenéis el programa para realizar los
cálculos y nos tenéis también a vuestra disposición. Esperamos que esta propuesta sirva para profundizar en el conocimiento de
las ciencias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario