miércoles, 25 de marzo de 2020

EU QUÉDOME NA CASA.


Ola queridos alumn@s e profes. Que tal estades levando isto da corentena?. Seguro que algúns mellor ca outros. Non vos agobiedes. Este correo non é para enviarvos tarefas,  que seguro que teredes dabondo. Só para mandarvos un saúdo e que sigades  con ánimo e forza, xa que a corentena vaise alongar máis do previsto inicialmente, pero seguro que volveremos á normalidade máis pronto que tarde e con máis forza se cabe. Así que aproveitade para reforzar os contidos das materias, lede, xogade, compartide tempo coas vosas familias, pararvos un anaco a pensar, reflexionar ou simplemente aburrirvos que tamén e bo. Non temos que estar en activo todo o tempo.
Tamén sabedes que como coordinadora do Equipo de Dinamización Lingüística son a encargada de  editar a revista do cole e, pensando onte, dinme conta de que con este parón moitos dos nosos proxectos van quedar aparcados e, con elo, moitos contidos que soemos poñer na mesma. Así que, por si nos dá tempo a elaborala, comparto con vós a seguinte proposta.

A idea sería que, os que queirades e voluntariamente, fagades algunha das seguintes propostas:
1.      Redactar unhas cantas liñas sobre como estades levando o voso confinamento por mor do coronavirus:  a vosa experiencia persoal, reflexións positivas, o que vos transmite a información que vos chega, o diario dun día de confinamento, que aprendín a facer, a ausencia dos compañeiros, o que máis vos está costando levar....

2.      Sacar unha foto do voso día a día. Seguro que haberá instantáneas e momentos  dabondo como para facer un collage para a revista coas vosas actividades, que seguro serán de tódolos tipos: momentos de estudo, de relax, preparando material, simpáticos, xogando, aplaudindo as 8 da tarde, facendo o parvo, practicando os exercicios de jinasia  (ja,ja,ja) que mandou Carlos por vídeo ou calquera outra cousa que vos apeteza plasmar.  Si queredes gravar un pequeno vídeo tamén podedes facelo.

Calquera das propostas podedes mandalas ao meu correo yolick@cpiares.com  e servirán para encher de contido a revista deste curso, se finalmente podemos chegar a facela, e se non, quedará para o próximo.
Bueno  un saúdo para todxs, que sigades  con ánimo e forza e se tedes algunha consulta que facer non dubidedes en poñervos en contacto conmigo.
Saudiños a todxs e ás vosas familias. Moita forza e....vémonos pronto!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario