lunes, 9 de marzo de 2020

ACTO DE RÚA POLO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. CPI AS MIRANDAS. CIM DE ARES


Dentro dos actos que se están a levar a termo co gallo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o CPI As Mirandas  xunto co Concello de Ares a través do Centro de Información á Muller –CIM- e a Concellaría de Igualdade, realizou hoxe unha marcha polas rúas da vila como concienciación e visibilización das enormes diferenzas que existen aínda nos dereitos de mulleres e homes. Na marcha participaron  o alumnado da ESO xunto coas súas profesoras e profesores así como as asociacións de mulleres do municipio, Concepción Arenal e Amas de Casa, ANPA e representantes do Concello.
O acto foi presentado polo  Director do CIM José Luís Castro Feijoo e rematou coa lectura de manifestos por parte do alumnado do centro, da presidenta da asociación de mulleres Concepción Arenal Fina Bardanca e da concelleira de Benestar e Igualdade Mª Victoria Montenegro.
Como dixeron Marcela e Hugo no seu manifesto... “A igualdade é unha necesidade vital da alma humana. A mesma cantidade de respecto e atención débese a todo ser humano, porque o ser humano non ten grados”.

Vídeo do Acto

No hay comentarios:

Publicar un comentario