No curso 2015-2016 a profe Bárbara, cos nenos e nenas da
clase de valores que actualmente están no grupo de 6º A, iniciaron unha campaña
de recollida de móbiles vellos para envialos a unha empresa que os recicla e
envía parte dos beneficios obtidos ao Instituto Jane Goodall (IJG). Este
instituto realiza unha importante labor social e medioambiental en todo o mundo
e, concretamente, no Congo, onde existen graves conflitos derivados en gran
medida do enorme consumismo da nosa sociedade: guerras polo coltán, a
casiderita e outros minerais empregados na fabricación de aparatos
electrónicos, a explotación infantil nas minas, os monocultivos de palma que
acaban coa selva e que, xunto coa actividade dos furtivos, ameazan a supervivencia
de moitas especies, etc.
Reuníronse 84 móbiles e, gracias a iso, como agradecemento,
conseguimos unha subscrición anual ao Instituto Jane Goodall e o APRADIÑAMENTO
DE 3 CHIMPANCÉS: ANZAC, LEMBA E KAUKA.
Este curso 2019-2020 retomamos esta estupenda iniciativa e,
o alumnado de primaria xunto co da ESO, volveremos a recoller móviles usados
para a campaña Mobilízate pola selva.
Esperamos a vosa colaboración e que fagades campaña de
sensibilización entre os vosos familiares e amigos para que os móbiles non
acaben no lixo.
Así que só tedes
que traer móbiles vellos ou estragados, sen cargador e sen tarxeta, pero con
batería. Deixaranse na biblioteca ou na entrada de secundaria nunha caixa onde
tamén atoparemos un folleto con información e fotos dos chimpancés e do Centro
de Recuperación de Tchimpounga.
XA SABEDES, FACEDE
CAMPAÑA E ANIMÁDEVOS A COLABORAR!!!!
Aquí vos deixamos varios vídeos informativos sobre o proxecto e de como chegaron ao Centro de Recuperación de chimpancés de TCHIMPOUNGA, no Congo.
MENSAXE DE JANE GOODALL.
Vídeo Campaña de sensibilización dos nen@s
Moi ben elaborado👍👏👏👏👏👏👏
ResponderEliminar