O xoves 13 de xuño o alumnado de
1º de ESO recibiu na aula de Usos Múltiples aos seus compañeiros de 6º de
Educación Primaria que viñeron acompañados das súas titoras: Marina e Montse.
Nesta sesión os alumnos de 1º de ESO:
Isaac, Maxi, Gonzalo e Iván, comentáronlles as características da nova
etapa, as materias do 1º curso de ESO, os criterios de avaliación e promoción, os
horarios da nova etapa e tamén lles deron uns consellos para que leven ben o novo curso que comezarán en setembro. Despois a xornada continuou cun pequeno percorrido polo centro parándose
nas aulas específicas de Educación Plástica Visual e Audiovisual, a aula de
Música e o Laboratorio de Bioloxía e Xeoloxía. Para rematar a xornada o
alumnado visitou tamén as aulas de 1º de ESO e
recibiron un regalo moi especial dos seus compañeiros de 1º de ESO: unhas cartas moi emotivas relatando a súa experiencia durante o
presente curso escolar.
Esperámosvos para o próximo curso
cos brazos abertos!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario