Dentro dos actos que se están a
levar a termo co gallo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o CPI As
Mirandas xunto co Concello de Ares a
través do Centro de Información á Muller –CIM- e a Concellaría de Muller,
realizou hoxe unha marcha polas rúas da vila como concienciación e visibilización
das enormes diferenzas que existen aínda nos dereitos de mulleres e homes. Na
marcha participaron as/os estudantes do CPI As Mirandas xunto coas súas profesoras
e profesores así como as asociacións de mulleres do municipio e representantes
do Concello.
O acto rematou coa lectura de
manifestos por parte das alumnas do centro, da asociación de mulleres de Ares e
da concelleira Mª Victoria Montenegro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario