ACTO ANIVERSARIO DA FUNDACIÓN DAS ALIANZAS: A PRIMEIRA ESCOLA INDIANA DE GALICIA
Estamos a
facer memoria dun feito que tivo lugar hai 115 anos. Un grupo de aresáns, alá
na Habana foi consciente dunha necesidade que cristalizou nun proxecto que
tanto ben fixo aos nosos país, aos nosos avós e a todos cantos se achegaron a
estas aulas. Deixaronnos estas paredes que acubillaron unha institución que
serviu de modelo a outras moitas e hoxe estamos aquí facéndolles o honor da súa
memoria e a proba do noso agradecemento. Non debemos esquecer a súa entrega
desinteresada, primeiro a dos fundadores da Alianza Aresana de Instrucción, nin
tampouco á de moitos dos que aquí se formaron. Partían da fame e da pobreza,
moitos deles analfabetos, e a base de esforzó e unión cos otros que os
precederán naquela aventura , forxaron un futuro noutras terras alleas pero non
esqueceron a propia. Nesta sinxela testemuña de honra imos lembrar o momento da
constitución da Sociedade Alianza Aresana de Instrucción.
No hay comentarios:
Publicar un comentario