martes, 29 de enero de 2019

OLLOBOI 2019

   

 Xa estamos en condicións de anunciarvos o 9ª Festival audiovisual escolar Olloboi, que este ano terá lugar o venres 10 de maio. 
    Podedes concursar con calquera traballo de videacreación que proceda do mundo escolar, con temática libre e duración preferiblemente inferior ós 20 minutos.
       Aceptaranse un máximo de 8 pezas por centro. Tedes as bases con toda a información na nosa web olloboi.com 
    O día do Encontro Olloboi comezarán os actos no Centro Social de Boiro ás 10:00h coa Muchachada Matiné. Acolleremos alumnado de toda Galicia e asignarémoslles, por grupos, unha parella de artistas do noso cine, quen lles axudarán a facer unha micropeza baseada na cultura de Boiro. 
      Para participar tedes que inscribirvos na nosa web. Procederemos por orde de inscrición e terán prioridade os centros que presenten pezas a concurso. 
      Pola tarde trasladarémonos ós Asteleiros Triñanes, onde coñeceremos diferentes traballos cos que andan a voltas os e as nosas cineastas, e logo faremos a entrega de premios, nunha gala con música en directo e sorpresas. 
     Temos 9 categorías: Olloboi peque, Olloboi Plus 18 e Olloboi Xeral (con recoñecementos á mellor imaxe, música, guión, interpretación, arte e reportaxe). Ademáis, a organización entregará o premio máximo Olloboi Zamburrioi. 
   Como sempre, contaremos cun marabilloso elenco de Ollocómplices: intérpretes, guionistas e cineastas moi presentes no panorama actual. Eles e elas colaborarán na Muchachada Matiné, no xurado e na presentación da gala de entrega de premios. Equipo Olloboi

No hay comentarios:

Publicar un comentario