lunes, 27 de noviembre de 2017
O ÚLTIMO BALENEIRO
Hoxe, contamos coa visita de Miguel López Pérez , un veciño de Ares que é " o último baleneiro ".
Contounos moitas cousas interesantes, por exemplo como pescaban as baleas, como as transportában, diferencias entre un cachalote e unha balea, o que comen...
A verdade, foi un gran placer escoitalo, os alumnos e alumnas de 1º de E.P. quedaron abraiados.
Grazas Miguel.
ENTREGA DOS PREMIOS DO I CONCURSO DE FOTOGRAFIA XUVENIL CONCELLO DE ARES
Esta tarde na Biblioteca do Concello, Alma Barrón(concelleira de cultura) e José
Juan Vilar (concelleiro de servizos) fixeron entrega dos premios do I Concurso
de Fotografía Xuvenil.
As fotografías dos rapaces e rapazas gañadores son as que
ilustran o calendario do Concello para
este próximo ano 2018, e que foi presentado
neste acto.
Desde o CPI As Mirandas queremos dar a noraboa aos rapaces e
rapazas que presentaron as súas instantáneas ao concurso, fotografías que poderemos
ver todos no calendario deste ano.
jueves, 23 de noviembre de 2017
SESIÓN DE CONTACONTOS PARA CONMEMORAR O DÍA DOS DEREITOS DOS NEN@S.
Esta semana para conmemorar o Día Internacional dos Dereitos
da Infancia os alumnos e alumnas de 1º e 3º de ESO realizaron unha actividade
de contacontos para o alumnado de primaria.
A través do conto “Antón, o neno que non quería ir á escola”,
ilustrado pola nosa ex-alumna Ana Martínez Fernández, descubrimos á importancia da educación; o que
supón non saber ler nin escribir e a sorte que temos de poder ter uns mestres e
mestras que nos ensinan tantas cousas. Tamén nos axuda a comprender que
debemos aproveitar a oportunidade que
temos de ir á escola e esforzarnos por aprender para ter un futuro mellor, non
como Antón, o protagonista do noso conto, que non tiña ningún interese en
aprender ata que descubriu o importante que era saber ter coñecementos.
É unha historia para reflexionar sobre a importancia da educación. Un dereito fundamental que todos os nenos e
nenas do mundo deberían, aínda que continúa
sendo inaccesible para milleiros de nenos e nenas en moitos países.
Hoxe en día a pesar de que o dereito á educación está amplamente recoñecido en
numerosas Convencións e Tratados Internacionais, hai 57 millóns de nenos e nenas en todo o mundo que non van á escola
e outros tantos reciben unha educación
descontinua ou deficiente.
Nós temos garantido este dereito, en outros países non o
teñen. Aproveitemos a oportunidade que temos de poder aprender e denunciemos ao mesmo tempo o incumprimento deste dereito que
se está a dar en tantas partes do mundo.
Ao final actividade os rapaces e rapazas da ESO agasallaron
a cada unha das aulas cunha pequena
semente que simboliza á Educación, e explicaron aos nenos/as que esta semente,
despois de coidala e abonala, dará o seu froito, como o fará a educación que
recibamos cada un de nós.
As profes Meli e Pamen recibindo o agasallo da semente para plantar en cada súa aula
jueves, 16 de noviembre de 2017
PREVISIÓN DO TEMPO DA FIN DE SEMANA
Hoxe Yu xin, Sofía, Marta e Andrea amósanos o tempo que teremos esta fin de semana.
Ah!, e se queredes viaxar a Francia a pasar os vindeiros días, aquí nos deixan a previsión do país veciño.
BOA FIN DE SEMANA!!!
viernes, 10 de noviembre de 2017
RETRANSMITINDO O VINDEL
Alumnos galegos e portugueses realizarán o programa “ radiovisual ” RETRANSMITINDO O VINDEL con motivo do DÍA INTERNACIONAL DO PATRIMONIO e da presenza en Vigo do pergamiño de Martín Códax.
Ponte...nas ondas! retransmitirá a través do portal Web www.escolasnasondas.com a partir das 11.00 hs. un magazine audiovisual con persoas convidadas que abordarán diferentes aspectos das cantigas de amigo e do pergamiño Vindel.
PREVISIÓN DO TEMPO DA FIN DE SEMANA DESDE O CPI AS MIRANDAS
Esta semana Jaime e Miguel presentan o tempo que teremos cara aos vindeiros días.
jueves, 9 de noviembre de 2017
O alumnado de primaria no Pazo da Cultura, rompe fronteiras cos Ghazafelhos
Hoxe rompemos fronteiras. Hoxe a Lúa baixou á Terra. Hoxe os
nenos e nenas emocionámonos unha vez máis cos Ghazafelhos. Grazas a todos eles
por darnos unha mellor visión do mundo.
Seguiremos en contacto coa Lúa...
lunes, 6 de noviembre de 2017
INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE ARTE POSTAL: MAILOVART 2017
Hoxe tivemos no Mosteiro de santa Catalina de Montefaro a
inauguración da exposición do certame MaiLOVart do CPI As Mirandas coa
colaboración do Concello de Ares e da Asociación de Amigos de Santa Catalina.
Un fermoso acto realizado polos nenos e nenas de 2º de primaria e as súas
profes Meli e Lara. Á presentación da exposición asistiron ademais da
concelleira de educación Alma Barrón, Celsa e Rogelio da Asociación de Amigos
de Santa Catalina, a nosa directora Blanca Cortizas así como pais,nais e
profesores do noso centro.
Poderedes visitala ata o 20 de decembro de luns a sábado de
16h a 18h, e os domingos e festivos de 12h a 14h e de 16h a 18h.
Aquí podedes ver os vídeos do evento.
viernes, 3 de noviembre de 2017
O TEMPO DA FIN DE SEMANA CON HUGO E UXÍA
Parece que volven as choivas!!!. Todas as novedades do tempo de cara a fin de semana contadas por Hugo e Uxía de 5º de primaria.
Etiquetas:
O tempo,
Previsión do tempo da fin de semana
jueves, 2 de noviembre de 2017
I PREMIO CIENCIA, ARTE E LITERATURA: AS EMOCIÓNS ENTRONCADAS.

Na primeira semana, o
departamento de Bioloxía-Xeoloxía proporciónalle ao seu alumnado 33 fotografías
das presentadas aos premios VII premio de
fotografía de la ciencia 2016, Wildlife
2017, Stunning science 2017, Best microscope photo of the year 2017, sen título
nin autor, xunto cun formulario para que os discentes de cada grupo seleccionen
as 7 fotografías que máis lles gustan.
A continuación, na materia de
Bioloxía-Xeoloxía, as 4 fotografías máis votadas por ese grupo distribúense en
subgrupos, para que cada subgrupo traballe cunha soa fotografía. Se houbera
empate en distintos cursos, priorízanse os niveis inferiores sobre os
superiores, para facilitarlles a análise das fotografías elixidas, debido ao
seu menor percorrido académico. Unha vez que cada subgrupo ten asignada unha
fotografía comeza a segunda fase.
Na segunda fase, cada estudante de cada
subgrupo achega un fragmento dun texto literario en prosa ou en verso,
seleccionado da Biblioteca Virtual de Galicia, que escollen na casa, para poñer
voz ás fotografías máis votadas da súa aula, tendo en conta o criterio Que emocións,
sentimentos che producen estas fotografías?.
Cada texto seleccionado irá cunha
xustificación do porqué se seleccionou ese texto. Logo, na materia de Lingua
Galega, os estudantes de cada subgrupo escollen so un texto, aquel que eles
consideren que mellor se adapta ao que lles transmite a fotografía.
Por último, na derradeira fase,
na semana da ciencia en galego, realizarase a exposición-concurso Ciencia, Arte
e Literatura: as emocións entroncadas.
Expoñeranse as 20 fotografías seleccionadas, co pé de foto que indica o
autor/a, título orixinal, premio fotográfico, texto literario escollido e
autores da selección. Ademais, proponse que na hora de
lectura do día 6 de novembro se lean eses textos e que algún membro dos grupos
xustifiquen a selección dese texto.
Un grupo de expertos (docentes
das áreas de Ciencia, Arte e Literatura) premiará as tres mellores asociación
de foto-texto seguindo os criterios que se enumeran nas bases do concurso.
Xurado: Departamento de
Matemáticas, Departamento de Física e Química, Departamento de Xeografía e
Historia, Departamento de Língua Castelá, Departamentos de Francés e Inglés e
Equipo de Dinamización Lingüística.
Agradecemos a colaboración da
Concellería de Educación do Concello de Ares. Posteriormente as fotografías
exhibiranse nos locais do Concello (Biblioteca, Casa da Xuventude...)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)